martes, 19 de mayo de 2020

Xogo de agudeza visual

                                   Cantos animais hai?
Nesta actividade de hoxe combinamos dous aspectos fundamentais que hai que exercitar desde idades temperás: o cálculo e a atención. O primeiro deles, o cálculo, é a base da competencia matemática e necesario para desenvolver coñecementos matemáticos máis complexos como as sumas ou as restas. Doutra banda, a atención; xoga un papel fundamental no proceso de aprendizaxe así como no propio rendemento académico d@s alumn@s.
🔵 Este xogo consiste en contar os animais que se indican, aínda que tamén  podedes introducir algunha dificultade e engadir operacións como sumas ou restas dos  diferentes tipos de animais:
🦐+🐟=. 🐋-🐠=
Fai clic enriba das imaxes para descargar o documento completo👆🏻