jueves, 14 de mayo de 2020

ABÚRRESTE? LOGO PENSA

Nestes tempos de cuarentena maximizamos moitos as emocións, positivas e negativas, que deben sair ao exterior.
Ás veces poida que escoitemos expresións coma “non estés triste”, “non te enfades”, “non chores”,non,non,non. Sempre NON.
NON DEBEMOS bloquear as emocións que sexan negativas ou non produzan algo positivo instantaneamente en nós:" Non se pode estar aburrido, enfadada, frustrado,etc." É  preciso sentir e vivir as emocións e os sentimentos negativos. Forma parte do proceso de aprendizaxe de todo ser vivo. Exterioriza e comparte as emocións.
Os nenos/as non saben aburrirse porque dende pequenos e pequenas teñen millóns de estímulos de todo tipo que están ahí coa única finalidade de “distraelos”, isto fai que asocien o aburrimento como algo negativo que teñen que evitar…grave erro.
Estámonos a centrar no aburrimento xa que é a palabra máis escoitada nestes días de reclusión no fogar. Pero saquémoslle partido ao aburrimento dos nosos fillos/as. Cómo? Segundo a psicológa Sandi Mann (autora do libro “Saber aburrirse“) o aburrimento fomenta o seguinte: Creatividade, autodescubrimento e afastamento do ocio programado. 
É un momento idóneo para aprender a disfrutar e sacarlle partido ao aburrimento!