Departamento de Orientación do CEIP Plurilingüe Lope de Vega.
Blog profesional con información, recursos e reflexións.
Dirixido aos axentes educativos implicados no proceso educativo: alumnado,docentes e familias.
miércoles, 20 de mayo de 2020
Xogo con pseudopalabras
As tarefas con palabras inventadas ou pseudopalabras son un bo mecanismo para traballar con alumnos que presenten déficit de atención ou trastornos de lectura e escritura como é o caso dos alumnos con dislexia.
🔶 Neste exercicio, haberá que detectar a palabra inventada ou pseudopalabra 🧐, para iso realizaranse substitucións dunhas letras por outras ou directamente transformarase noutra palabra que cobre máis sentido.
Unha vez detectadas as pseudopalabras, elixide cinco e inventade unha frase con elas correctamente escritas.🤗