Mostrando entradas con la etiqueta EDUCACIÓN INFANTIL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EDUCACIÓN INFANTIL. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de junio de 2021

🟪Bo Verán🟩

 

🧡Dende o Departamento de Orientación deixámosvos algunhas propostas de actividades de verán  e  queremos que pasedes unhas felices vacacións! 




🧡Vémonos en setembro!💛

martes, 22 de diciembre de 2020

🔶ACTIVIDADES NAVIDEÑAS🔷



O NADAL É UNHA BONITA DATA PARA PASAR TEMPO EN FAMILIA E VIVIR GRANDES MOMENTOS XUNT@S. 
POR ESO,DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN, ESTE ANO DEIXAMOS  UNHA MOREA DE ACTIVIDADES PARA TRABALLAR “O NADAL” COS NOSOS NENOS E NENAS:

  • CANTOS HAI?

  • LABERINTOS 

  • ATOPA AS DIFERENZAS

  • QUEBRACABEZAS

  • SOPAS DE  LETRAS

  • SODOKUS

  • RETOS NAVIDEÑOS... 


ELIXE O TEU FAVORITO E FAI CLIC ENRIBA DA IMAXE 👆🏽🟣 PARA DESCARGAR OS DOCUMENTOS

   


              



 




 
ESPERAMOS  QUE VOS GUSTEN!!!
BO NADAL!!




jueves, 18 de junio de 2020

🧡Feliz verán💛



🧡Felices vacacións💛

Durante este verán desfrutade,

 sorride e 

descansade moito.

🧡Vémonos en setembro!💛

      Yolanda, María F, Paula e María G

miércoles, 17 de junio de 2020

🟩Educación Infantil 🟪

Esta semana fomos deixando unha serie de cadernos para traballar no verán e hoxe toca Educación Infantil, así que aquí deixamos unha serie de materiais para que poidades  elexir os que máis vos gusten:

          🟩 🚀 O meu Caderno Espacial🚀Aquí traballamos  a lateralidade, a atención e a discriminación e percepción visual. ✏️ Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento⬇️⬇️

         🟪 🐝🦆🐌🐥O meu caderno de animais 🐝🦆🐌🐥Aquí atoparedes unha morea de actividades divertidas: laberintos, series, identificar direrenzas, completar debuxos...Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento⬇️⬇️

           




🟥 O meu caderno de sudokus✍🏼 O sudoku é unha das actividades máis útiles para desenvolver o pensamento lóxico e matemático nos nenos/ as.Neste caderno propoñemos dous niveis de dificultade, dúas cuadrículas de 2×2 e outra de 3×3. O xogo consiste en colocar os animaliños sobre o  sudoku, de forma que non se repita ningún deles nin na fila vertical nin na fila horizontal.
 Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento⬇️

🟪 Tamén podedes visitar o noso SYMBALOO  na parte inferior da páxina web do cole, onde se atopan enlaces de interese con xogos para o verán ⬇️⬇️⬇️⬇️

 🟨Xogos de Educación Infantil
 🟩Xogos de Educación Primaria
 🟧Xogos de Educación Infantil e Primaria

viernes, 12 de junio de 2020

🟧Barquiños🟥

razoamento é a facultade que permite resolver problemas, extraer conclusións e aprender de maneira consciente dos feitos, establecendo conexións  causais  e lóxicas necesarias entre eles. 
Hoxe imos a  traballar o razoamento lóxico con este xogo de BARCOS, no que  hai que sinalar a fila e a columna na que se atopan as diferentes imaxes situadas na táboa. Fai clic na imaxe para descargar o documento⬇️
E para os maiores propoñemos o clásico xogo de barcos ou barquiños 🛥⛵️. Este  xogo consiste en afundir a frota do adversario. Para iso, debe colocar a súa propia frota de forma estratéxica e atopar e afundir  a frota contraria.Cada un dos xogadores dispón de dous taboleiros ( podedes imprimilo facendo clic na imaxe ➡️ ou debuxalo) que ocultará ao outro xogador: nun debe colocar os seus barcos e no outro irá marcando as coordenadas  que realiza o seu adversario.
Cada xogador debe colocar nun dos taboleiros os seguintes barcos en posición horizontal ou vertical:
🟥 1 barco que ocupa 4 cadros.
🟦 2 barcos de tres cadros
🟧3 barcos de 2 cadros
🟩4 barcos dun só cadro
Os barcos téñense que colocar respectando unha franxa de cadros en branco ao redor. 
Cada xogador dispón dunha quenda que se irá alternando. Para facelo dirá as coordenadas. Por exemplo “ B3”
 O outro xogador comprobará o resultado no seu taboleiro:
⬜️Se a casa está en branco, responderá “auga”.
🟪Se na casa atópase parte dun barco responderá “tocado”. Nese caso
o xogador ten dereito a unha nova tirada na mesma quenda.
🟨Se na casa atópase un barco dun cadro ou a última parte dun barco
xa tocado, responderá “afundido” e tamén ten dereito a unha nova tirada.
Finalmente, gaña o xogador que antes consegue afundir a frota do outro🤗

PRESTO!




VIDEO EDUCATIVO QUE TRABALLA A ASERTIVIDADE: CAPACIDADE DE DEFENDER OS PROPIOS DEREITOS E OPINIÓNS SEN DANAR A DOS DEMAIS.

martes, 9 de junio de 2020

🟪Memoria visual🟩

A memoria visual é a capacidade de lembrar información que se recibiu  visualmente. Normalmente falamos de recordo inmediato (4-5 segundos), de todos os detalles dun elemento visual e de ser capaz de atopar estes detalles de entre unha selección de elementos. E a memoria  secuencial é a capacidade de lembrar a orde dos obxectos e eventos. Isto implica ser capaz de manter unha imaxe mental dunha secuencia de letras, números, palabras, obxectos, formas, etc. A memoria  secuencial da orde das letras en palabras e a orde das palabras nunha secuencia son importantes para a lectura e a ortografía. Problemas nesta área poden significar dificultades para lembrar as secuencias correctas das letras que compoñen palabras ou frases e así os nenos e nenas poderán:

🟢Equivocarse ao ler palabras.
🟣Ter dificultades para  aprender as letras ou os números.
⚫️Ter dificultades para seguir instrucións ou localización obxectos.

Hoxe deixamos tres actividades para  traballar estos aspectos dunha maneira amena!
Nesta primeira actividade haberá que buscar todos os animais e persoaxes que aparecen ao redor das láminas, fixádevos ben 🧐🤓porque  algúns están moi escondidos🤗🤗
 Fai clic enriba das imaxes para descargar os documentos ⬇️

Na  segunda actividade de hoxe, tras un tempo prudencial de visualización , haberá que retirar o modelo e posteriormente intentar reproducilo sen mirar . Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento⬇️

         Nesta terceira actividade observaredes   as imaxes durante uns minutos, despois teredes que dobrar  a páxina pola metade e escribir todo o que lembredes. Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento ⬇️


Aquí vos deixamos máis ideas  divertidas para traballar a memoria visual :
🟩Xogos de memoria, por exemplo: atopar parellas con barallas de cartas, xogos de memoria no ordenador ou  tablet.
🟪Completa a imaxe. Mostrar ao neno/a unha imaxe sinxela e logo darlle un debuxo incompleto da mesma imaxe. Deixarlles completar a imaxe usando só a súa memoria.
🟥Mirar un obxecto e falar das súas características. Quitar o obxecto da vista do neno/ae pedirlle que lembre e explique as características que lembre.
🟨Mostrar unha forma e debuxala. Darlle ao neno/a un debuxo incompleto da mesma forma para que o complete usando só a súa memoria.
🟦Atopa as diferenzas. Mostrar ao neno/a  dúas imaxes similares e pedirlle que nomee o que non se atopa nunha das imaxes.
⬛️Xogo de parellas. Con obxectos, formas, letras ou palabras.
⬜️Xogos de observación  espontanea. Pedir ao neno/a que se tape os ollos e pedirlle que lembre, por exemplo, que roupa levamos posta nese momento ? 
🟧Paseos de observación. Pode o neno/a lembrar 4 cousas despois dunha camiñada? Identificar, sinalar ou discutir obxectos, conceptos, accións ou situacións durante o paseo.
🟩Usar un papel para facer un debuxo ou figura xeométrica. Cubrilo e pedir ao neno/a  que o reproduza usando a súa memoria, aumentando gradualmente a dificultade de formas.
🟪Xogo de  Kim. Prepara unha mesa con varios obxectos familiares e pide ao neno/a  que os observe e lembre. Cubrir os obxectos cun trapo e preguntar que hai sobre a mesa. Quitar un e preguntar cal falta.
🟥Ollada rápida a un libro. Abrir un libro preferiblemente con imaxes por unha páxina determinada e pedir ao neno/a que a observe durante uns segundos. Pechar o libro e pedir ao neno atopar a páxina correcta.
🟨Xogo de ortografía. Mira, cobre, lembra, escribe, comproba.

E tamén  ideas divertidas  de actividades de memoria secuencial:

🟩Organizar unha secuencia de obxectos, por exemplo, culler coitelo garfo en orde de tamaño, de pequenas a grandes. A continuación mesturar a secuencia e pedir ao neno/a  organizalos de novo.
🟪Que ocorre despois? Facer con historietas, cómics ou «tarxetas de secuencia ‘de situacións cotiás e pedir ao neno/a para ordenar na orde correcta.
🟥Lembrar a secuencia dunha serie de tres a catro formas  coloreadas.
🟨Secuencias de movemento ou de bólas. Por exemplo, salto, salto, atrapar pelota, botar, lanzar ao aire e aplaudir e logo coller.
🟦Ritmos aplaudindo. Pedir a un neno/a  que copie unha secuencia que facemos primeiro.
⬛️Xogo de ‘o aforcado’ ou xogo  scrabble  junior.
⬜️Axuda para  deletrear. Escribir palabras parcialmente e pedir ao neno/a que as complete. 🟧Facer palabras con plastilina ou papel. 

viernes, 5 de junio de 2020

🟦Verdadeiro ou falso🟩

A tarefa de hoxe é moi entretida  e permítenos traballar a comprensión lectora dunha maneira amena . Consiste nunha serie de tarxetas con información moi interesante dalgúns animaliños 🐜  🕷  🦟 e soamente deberedes responder se é  verdadeiro ✅ ou falso❌






Para os nenos e nenas de Infantil tamén propoñemos este xogo de verdadeiro ✅ ou falso❌. 
Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento ⬇️





miércoles, 3 de junio de 2020

CAMBIO DE ETAPA: INFANTIL --) PRIMARIA


PAUTAS ÁS FAMILIAS


Enviade mensaxes positivas sobre a nova etapa.
  • Faládelle da nova etapa con mensaxes de ilusión e de posibilidades.
  • Podedes resaltar todo o que vai aprender, as novas asignaturas e os seus contidos, desde unha visión positiva.
Nunca lle deades unha visión negativa.

Xunto coa pauta anterior, debedes evitar mensaxes negativas do tipo "xa verás cando empeces primeiro"  ou profecías negativas: "si segues así vas a suspender e terás que repetir". Este tipo de comentarios ou ameazas non adoitan mellorar o comportamento ou as  actitudes, ao contrario, adoitan empeorar as cousas e non son a mellor forma de corrixirlles.


Anticipade de forma realista os acontecementos.
  • Conforme se vaia achegando o momento de incorporarse, é adecuado anticiparlle os acontecementos de xeito realista.
  • Por exemplo, que vai seguir con algúns dos seus compañeiros, que vai cambiar de titor, que terá máis profesores, outras asignaturas...
  • Quitádelle importancia aos rumores ou comentarios negativos sobre as novidades que vai ter.
Deixade sempre que exprese os seus medos e preocupacións.


Algúns nenos viven con preocupación e ansiedade este momento de cambio e novidade. Ademais das medidas anteriores, facilitade que se exprese e que manifeste os seus temores. Escoitádeo sen criticar, sen xulgar e sen quitar importancia. Intentade razoar e afrontar os temores de xeito realista. 
  • Fomentade a súa autoestima.
  • Confiade nel. Moitas veces os pais/nais dubidan das capacidades e da preparación dos seus fillos/as. Este sentimento é transmitido inconscientemente aos nenos/as. 
Os primeiros días de clase
  • Estade especialmente atentos os primeiros días de clase aos seus comentarios, actitudes e estados de ánimo.
  • Vivide e compartide co neno/a eses primeiros días intentando transmitir ilusión: revisando os novos libros, adquirindo o material para o novo curso...
  • Animádelle desde o principio a dedicar un tempo diario ao traballo escolar en casa. Será a mellor medida para que teña a sensación de que pode controlar e dominar a situación.
Dificultades especiais
  • Si o voso fillo/a ten especiais dificultades non debedes preocuparvos. Esta información pásase aos novos profesores e desde o comezo, téñense en conta por si necesitase algún tipo de apoio educativo.
  • En todo caso, é conveniente que canto antes fixedes unha entrevista co seu novo/a titor/a para tratar o tema: se o voso/a fillo/a ten un informe psicopedagógico, as dificultades que presenta,...
Acudide ás reunións e mantede contacto co seu titor/a 


Hai unha reunión informativa coas familias para informar do comezo de curso e da organización do grupo. É de suma importancia que acudades a esa reunión, que vos informedes e preguntedes polas dúbidas que creades convenientes. Para os nenos tamén é un signo de que aos seus pais interésanlles os seus estudos.

Procurade manter unha entrevista co seu titor/a. Nesa entrevista poderedes coñecer de primeira man a adaptación do voso fillo ou filla á nova etapa, poderedes informar dalgún aspecto que deba ter en conta e recoller as pautas que vos faciliten.


FONTE: Jesús Jarque.

lunes, 1 de junio de 2020

🟪Simetrías🟩

Hoxe presentamos unhas actividades que  axudan aos nenos e nenas a entender a idea de  simetría  e a recoñecer e debuxar  figuras simétricas respecto dun eixo. Ao realizar estas actividades están a desenvolver habilidades de:
🟪Coordinación  motriz fina.
🟧Viso-percepción de formas
           🟦Percepción de posicións relativas
                         ⬛️Construción de estratexias: ensaio e erro.

Fai clic enriba das imaxes para descargar os documentos⬇️⬇️

Para os nenos e nenas  de Infantil tamén propoñemos estas simetrías divertidas ⬇️⬇️⬇️⬇️⬇️


ATOPA AS DIFERENZAS

                
Atopa as diferenzas entre os seguintes debuxos.



                 Diferenzas 6
        Diferenzas 1                                               Diferenzas 6


                 
         Diferenzas 2                                              Diferenzas 7

Diferenzas 3                 
           Diferenzas 3                                            Diferenzas 8

Diferenzas 4                 
          Diferenzas 4                                              Diferenzas 9

Diferenzas 5                 
           Diferenzas 5                                            Diferenzas 10














Solucións




miércoles, 27 de mayo de 2020

⬇️ Lince ⬇️

 Hoxe propoñemos dous  xogos moi divertidos inspirados no clásico Lince que permite exercitar 
a atención, a memoria, a discriminación visual e  o vocabulario entre outros moitos aspectos.

♥️O primeiro xogo ‘BUSCA E ATOPA’ trátase dunha lámina chea de imaxes de distintos obxectos e tarxetas recortables que nos  din o que debemos buscar. Fai clic enriba dela para descargar o documento completo ⬇️⬇️⬇️
🔶En función da idade, poderase aumentar  a súa dificultade complicando as búsquedas ou ben   limitando o tempo das mesmas🤓. As tarxetas que presenta este xogo dannos tres tipos de ordes: 
1- Buscar obxectos a partir dun debuxo
2- Identificar obxectos a partir dunha descrición escrita
3- Escribir palabras que conteñan algunhas letras determinadas, aquí poderemos complicar o enunciado pedindo que escriban frases con esas palabras 🤓


           


♥️O segundo xogo que propoñemos está máis adaptado  os nenos e nenas de Infantil. 🤗Igual que no anterior, trátase dunha lámina chea de imaxes de diferentes obxectos e tarxetas recortables que haberá que identificar na lámina. Unha vez identificadas colocaremos as tarxetas enriba do obxecto identificado e así ata rematar todas as tarxetas. Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento completo ⬇️⬇️