Mostrando entradas con la etiqueta EMOCIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EMOCIÓNS. Mostrar todas las entradas

jueves, 21 de mayo de 2020

Despois da tormenta sempre chega a calma

Mais tarde ou mais cedo o tempo de aillamento pasará e volveremos á normalidade, ou a unha nova normalidade. Esperemos que todo sexa para mellor. Pero no momento en que deixemos atrás toda esta situación, seguramente tamén nós  experimentaremos cambios, froito das sensacións vividas.

Teoría do Iceberg de Hemingway, aplicada ao Coronavirus. 



Imaxinemos que o comportamento dos nenos/as poida verse representado co debuxo dun iceberg. Cando nos centramos no seu comportamento, quedámonos só coa parte que se pode ver; a punta que sobresale por enriba da auga. Pero debaixo da agua hai moito mais...

Todos estes sinais  pódennos dar una indicación de cómo está o ánimo das personas que están ao noso carón. Son moitas as cousas que podemos facer para sentirnos e que se sintan mellor. A veces un/unha só precisa que lle ofrezan alternativas para non pensar, para estar entretido... 



Para os casos mais complexos, o médico de referencia e/ou o pediatra derivarán de consideralo preciso.

jueves, 14 de mayo de 2020

ABÚRRESTE? LOGO PENSA

Nestes tempos de cuarentena maximizamos moitos as emocións, positivas e negativas, que deben sair ao exterior.
Ás veces poida que escoitemos expresións coma “non estés triste”, “non te enfades”, “non chores”,non,non,non. Sempre NON.
NON DEBEMOS bloquear as emocións que sexan negativas ou non produzan algo positivo instantaneamente en nós:" Non se pode estar aburrido, enfadada, frustrado,etc." É  preciso sentir e vivir as emocións e os sentimentos negativos. Forma parte do proceso de aprendizaxe de todo ser vivo. Exterioriza e comparte as emocións.
Os nenos/as non saben aburrirse porque dende pequenos e pequenas teñen millóns de estímulos de todo tipo que están ahí coa única finalidade de “distraelos”, isto fai que asocien o aburrimento como algo negativo que teñen que evitar…grave erro.
Estámonos a centrar no aburrimento xa que é a palabra máis escoitada nestes días de reclusión no fogar. Pero saquémoslle partido ao aburrimento dos nosos fillos/as. Cómo? Segundo a psicológa Sandi Mann (autora do libro “Saber aburrirse“) o aburrimento fomenta o seguinte: Creatividade, autodescubrimento e afastamento do ocio programado. 
É un momento idóneo para aprender a disfrutar e sacarlle partido ao aburrimento! 

XOGAMOS A RECOÑECER AS EMOCIÓNS?

Pinchando na imaxe das cariñas atoparás un enlace á unha páxina con varios xogos gratuitos para coñecer e identificar as emocións!

COMEZAMOS?


Para saber mais das emocións podes ver a CATEGORÍA EMOCIÓNS neste blog.

jueves, 7 de mayo de 2020

O BOTE DAS EMOCIÓNS

Hoxe propoñémosvos  unha idea estupenda para poder expresar as emocións que sentimos polas nosas persoas queridas, e que polo momento non podemos compartilas en persoa, mentres dura a corentena.
A actividade consiste en que, no momento en que comeces a botar de menos a unha persoa querida, lle dediques un tempo no que fagas un debuxo, unha poesía, un pensamento,un agasallo, un vale por un bico, por unha aperta, o que ti queiras... e a metas nunha caixa ou nun bote co seu nome.
Cando todo isto pase terás un agasallo único e estupendo para esa persoa a quen queres. Podes facer tantos botes como precises.

Animaste?


jueves, 23 de abril de 2020

Contos

Hoxe xoves, 23 de abril é o Día Internacional do Libro e para festexalo con vòs, deixamos este enlace cun recopilarorio de contos en diferentes formatos, entre eles, o de contos pictografiados, para que poidades elexir os que mellor se adapten @s vos@s nen@s:


EMOCIONOPOLY

XOGO EN EQUIPO PARA TRABALLAR AS EMOCIÓNS.
 EXPRESAR E COMPARTIR EMOCIÓNS EN FAMILIA.
 ETAPA DE PRIMARIA.


XESTIÓN EMOCIONAL CO MOUNSTRUO DAS CORES


Estes vídeos dirixidos á EDUCACIÓN  INFANTIL e 1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA traballan as emocións xunto aos protagonistas da historia. 




Ademáis para complementar esta actividade  inclúe  una ficha didáctica  para:


miércoles, 22 de abril de 2020

ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL NA INFANCIA

·                                                                              ENLACE:  XESTIÓN EMOCIONAL DURANTE O CONFINAMENTO



    - Para coidar ben dos demais debemos de autocoidarnos nós primeiro. A autoxestión emocional é fundamental para poder transmitir calma e seguridade.
·       - Debemos respostar ás preguntas dos fillos/as e explicar a situación. Empatizar con eles. É normal que aparezan emocións de medo, tristeza, enfado.
- Compartir emocións, exteriorizar. Transmitir comprensión. Isto é temporal, ten un fin, poderan volver á sua normalidade. Darlle valor e importancia ao feito de quedar na casa polo ben común.
·       - Non á sobreinformación. Os nenos/as non a precisan, só lles xenera medo e estrés.
·       - Ver o lado positivo  das cousas.
·      -  Fala con eles. Transmite seguridade.  Sé flexible, rebaixa expectativas pero con firmeza e afectividade.
·     - Manter rutinas: hixiene, sono, cousas que acostumabades a facer, rincón de moverse, alimentación saudable. Colaborar na casa. Facer tarefas da escola, facer aquelo que lles gusta, compartide xogos.
·       - Espacio de calma, para relaxarnos, estar sós se o presisamos.
·       - Tempo limitado fronte as pantallas. Derivan en maior irratabilidade e problemas de sono. Usalas para socializar cos outros nenos/as, avós, (videochamadas, compartir videos…)
·      -  Aburrirse tamén está ben para que aflore a creatividade e a imaxinación.
·       - Pero sobretodo, moito afecto! Todos precisamos mais agora que nunca un abrazo.