Mostrando entradas con la etiqueta TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDADE. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de diciembre de 2020

🔶ACTIVIDADES NAVIDEÑAS🔷



O NADAL É UNHA BONITA DATA PARA PASAR TEMPO EN FAMILIA E VIVIR GRANDES MOMENTOS XUNT@S. 
POR ESO,DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN, ESTE ANO DEIXAMOS  UNHA MOREA DE ACTIVIDADES PARA TRABALLAR “O NADAL” COS NOSOS NENOS E NENAS:

  • CANTOS HAI?

  • LABERINTOS 

  • ATOPA AS DIFERENZAS

  • QUEBRACABEZAS

  • SOPAS DE  LETRAS

  • SODOKUS

  • RETOS NAVIDEÑOS... 


ELIXE O TEU FAVORITO E FAI CLIC ENRIBA DA IMAXE 👆🏽🟣 PARA DESCARGAR OS DOCUMENTOS

   


              



 




 
ESPERAMOS  QUE VOS GUSTEN!!!
BO NADAL!!




viernes, 12 de junio de 2020

🟧Barquiños🟥

razoamento é a facultade que permite resolver problemas, extraer conclusións e aprender de maneira consciente dos feitos, establecendo conexións  causais  e lóxicas necesarias entre eles. 
Hoxe imos a  traballar o razoamento lóxico con este xogo de BARCOS, no que  hai que sinalar a fila e a columna na que se atopan as diferentes imaxes situadas na táboa. Fai clic na imaxe para descargar o documento⬇️
E para os maiores propoñemos o clásico xogo de barcos ou barquiños 🛥⛵️. Este  xogo consiste en afundir a frota do adversario. Para iso, debe colocar a súa propia frota de forma estratéxica e atopar e afundir  a frota contraria.Cada un dos xogadores dispón de dous taboleiros ( podedes imprimilo facendo clic na imaxe ➡️ ou debuxalo) que ocultará ao outro xogador: nun debe colocar os seus barcos e no outro irá marcando as coordenadas  que realiza o seu adversario.
Cada xogador debe colocar nun dos taboleiros os seguintes barcos en posición horizontal ou vertical:
🟥 1 barco que ocupa 4 cadros.
🟦 2 barcos de tres cadros
🟧3 barcos de 2 cadros
🟩4 barcos dun só cadro
Os barcos téñense que colocar respectando unha franxa de cadros en branco ao redor. 
Cada xogador dispón dunha quenda que se irá alternando. Para facelo dirá as coordenadas. Por exemplo “ B3”
 O outro xogador comprobará o resultado no seu taboleiro:
⬜️Se a casa está en branco, responderá “auga”.
🟪Se na casa atópase parte dun barco responderá “tocado”. Nese caso
o xogador ten dereito a unha nova tirada na mesma quenda.
🟨Se na casa atópase un barco dun cadro ou a última parte dun barco
xa tocado, responderá “afundido” e tamén ten dereito a unha nova tirada.
Finalmente, gaña o xogador que antes consegue afundir a frota do outro🤗

martes, 9 de junio de 2020

🟪Memoria visual🟩

A memoria visual é a capacidade de lembrar información que se recibiu  visualmente. Normalmente falamos de recordo inmediato (4-5 segundos), de todos os detalles dun elemento visual e de ser capaz de atopar estes detalles de entre unha selección de elementos. E a memoria  secuencial é a capacidade de lembrar a orde dos obxectos e eventos. Isto implica ser capaz de manter unha imaxe mental dunha secuencia de letras, números, palabras, obxectos, formas, etc. A memoria  secuencial da orde das letras en palabras e a orde das palabras nunha secuencia son importantes para a lectura e a ortografía. Problemas nesta área poden significar dificultades para lembrar as secuencias correctas das letras que compoñen palabras ou frases e así os nenos e nenas poderán:

🟢Equivocarse ao ler palabras.
🟣Ter dificultades para  aprender as letras ou os números.
⚫️Ter dificultades para seguir instrucións ou localización obxectos.

Hoxe deixamos tres actividades para  traballar estos aspectos dunha maneira amena!
Nesta primeira actividade haberá que buscar todos os animais e persoaxes que aparecen ao redor das láminas, fixádevos ben 🧐🤓porque  algúns están moi escondidos🤗🤗
 Fai clic enriba das imaxes para descargar os documentos ⬇️

Na  segunda actividade de hoxe, tras un tempo prudencial de visualización , haberá que retirar o modelo e posteriormente intentar reproducilo sen mirar . Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento⬇️

         Nesta terceira actividade observaredes   as imaxes durante uns minutos, despois teredes que dobrar  a páxina pola metade e escribir todo o que lembredes. Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento ⬇️


Aquí vos deixamos máis ideas  divertidas para traballar a memoria visual :
🟩Xogos de memoria, por exemplo: atopar parellas con barallas de cartas, xogos de memoria no ordenador ou  tablet.
🟪Completa a imaxe. Mostrar ao neno/a unha imaxe sinxela e logo darlle un debuxo incompleto da mesma imaxe. Deixarlles completar a imaxe usando só a súa memoria.
🟥Mirar un obxecto e falar das súas características. Quitar o obxecto da vista do neno/ae pedirlle que lembre e explique as características que lembre.
🟨Mostrar unha forma e debuxala. Darlle ao neno/a un debuxo incompleto da mesma forma para que o complete usando só a súa memoria.
🟦Atopa as diferenzas. Mostrar ao neno/a  dúas imaxes similares e pedirlle que nomee o que non se atopa nunha das imaxes.
⬛️Xogo de parellas. Con obxectos, formas, letras ou palabras.
⬜️Xogos de observación  espontanea. Pedir ao neno/a que se tape os ollos e pedirlle que lembre, por exemplo, que roupa levamos posta nese momento ? 
🟧Paseos de observación. Pode o neno/a lembrar 4 cousas despois dunha camiñada? Identificar, sinalar ou discutir obxectos, conceptos, accións ou situacións durante o paseo.
🟩Usar un papel para facer un debuxo ou figura xeométrica. Cubrilo e pedir ao neno/a  que o reproduza usando a súa memoria, aumentando gradualmente a dificultade de formas.
🟪Xogo de  Kim. Prepara unha mesa con varios obxectos familiares e pide ao neno/a  que os observe e lembre. Cubrir os obxectos cun trapo e preguntar que hai sobre a mesa. Quitar un e preguntar cal falta.
🟥Ollada rápida a un libro. Abrir un libro preferiblemente con imaxes por unha páxina determinada e pedir ao neno/a que a observe durante uns segundos. Pechar o libro e pedir ao neno atopar a páxina correcta.
🟨Xogo de ortografía. Mira, cobre, lembra, escribe, comproba.

E tamén  ideas divertidas  de actividades de memoria secuencial:

🟩Organizar unha secuencia de obxectos, por exemplo, culler coitelo garfo en orde de tamaño, de pequenas a grandes. A continuación mesturar a secuencia e pedir ao neno/a  organizalos de novo.
🟪Que ocorre despois? Facer con historietas, cómics ou «tarxetas de secuencia ‘de situacións cotiás e pedir ao neno/a para ordenar na orde correcta.
🟥Lembrar a secuencia dunha serie de tres a catro formas  coloreadas.
🟨Secuencias de movemento ou de bólas. Por exemplo, salto, salto, atrapar pelota, botar, lanzar ao aire e aplaudir e logo coller.
🟦Ritmos aplaudindo. Pedir a un neno/a  que copie unha secuencia que facemos primeiro.
⬛️Xogo de ‘o aforcado’ ou xogo  scrabble  junior.
⬜️Axuda para  deletrear. Escribir palabras parcialmente e pedir ao neno/a que as complete. 🟧Facer palabras con plastilina ou papel. 

martes, 2 de junio de 2020

🟩Escape Room🟪


  🟩DIVERTIDO ESCAPE  ROOM: Encerrados na terra🟪
Un Escape  Room é unha experiencia de xogo onde se vos desafía a saír dunha habitación onde quedastes encerrados.  Para iso deberedes superar unha serie de retos  que vos levarán a atopar a chave que abre a porta de saída. 


Neste Escape Room que presentamos hoxe tedes que liberarvos duns 👽 extraterrestres que viñeron a invadir a Terra 🌎.🔶 Para iso teredes que conseguir abrir a porta dun Ovni (que se atopa pechada) e metelos a todos  nel, e así,  poder mandalos  de volta ao seu planeta Marte. 🔷Para conseguir  descifrar o código que permita abrir a porta,  teredes que resolver catro  pistas realizando unha serie de operacións con restas, divisións  ou con números romanos entre outras, que se vos van plantexando. 

  

Estades preparados para xogar?Fai clic enriba do extraterrestre para descargar o xogo completo⬇️⬇️ 







lunes, 1 de junio de 2020

🟪Simetrías🟩

Hoxe presentamos unhas actividades que  axudan aos nenos e nenas a entender a idea de  simetría  e a recoñecer e debuxar  figuras simétricas respecto dun eixo. Ao realizar estas actividades están a desenvolver habilidades de:
🟪Coordinación  motriz fina.
🟧Viso-percepción de formas
           🟦Percepción de posicións relativas
                         ⬛️Construción de estratexias: ensaio e erro.

Fai clic enriba das imaxes para descargar os documentos⬇️⬇️

Para os nenos e nenas  de Infantil tamén propoñemos estas simetrías divertidas ⬇️⬇️⬇️⬇️⬇️


miércoles, 27 de mayo de 2020

⬇️ Lince ⬇️

 Hoxe propoñemos dous  xogos moi divertidos inspirados no clásico Lince que permite exercitar 
a atención, a memoria, a discriminación visual e  o vocabulario entre outros moitos aspectos.

♥️O primeiro xogo ‘BUSCA E ATOPA’ trátase dunha lámina chea de imaxes de distintos obxectos e tarxetas recortables que nos  din o que debemos buscar. Fai clic enriba dela para descargar o documento completo ⬇️⬇️⬇️
🔶En función da idade, poderase aumentar  a súa dificultade complicando as búsquedas ou ben   limitando o tempo das mesmas🤓. As tarxetas que presenta este xogo dannos tres tipos de ordes: 
1- Buscar obxectos a partir dun debuxo
2- Identificar obxectos a partir dunha descrición escrita
3- Escribir palabras que conteñan algunhas letras determinadas, aquí poderemos complicar o enunciado pedindo que escriban frases con esas palabras 🤓


           


♥️O segundo xogo que propoñemos está máis adaptado  os nenos e nenas de Infantil. 🤗Igual que no anterior, trátase dunha lámina chea de imaxes de diferentes obxectos e tarxetas recortables que haberá que identificar na lámina. Unha vez identificadas colocaremos as tarxetas enriba do obxecto identificado e así ata rematar todas as tarxetas. Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento completo ⬇️⬇️



miércoles, 20 de mayo de 2020

Xogo con pseudopalabras

As tarefas  con palabras inventadas ou  pseudopalabras son un bo mecanismo para traballar con alumnos que presenten déficit de atención ou trastornos de lectura e escritura como é o caso dos alumnos con dislexia.

🔶 Neste exercicio, haberá que  detectar a palabra inventada ou pseudopalabra 🧐, para iso realizaranse  substitucións dunhas letras por outras ou directamente transformarase noutra palabra que cobre  máis sentido.

Unha vez detectadas as pseudopalabras, elixide cinco e  inventade unha frase con elas  correctamente escritas.🤗

martes, 19 de mayo de 2020

Xogo de agudeza visual

                                   Cantos animais hai?
Nesta actividade de hoxe combinamos dous aspectos fundamentais que hai que exercitar desde idades temperás: o cálculo e a atención. O primeiro deles, o cálculo, é a base da competencia matemática e necesario para desenvolver coñecementos matemáticos máis complexos como as sumas ou as restas. Doutra banda, a atención; xoga un papel fundamental no proceso de aprendizaxe así como no propio rendemento académico d@s alumn@s.
🔵 Este xogo consiste en contar os animais que se indican, aínda que tamén  podedes introducir algunha dificultade e engadir operacións como sumas ou restas dos  diferentes tipos de animais:
🦐+🐟=. 🐋-🐠=
Fai clic enriba das imaxes para descargar o documento completo👆🏻

lunes, 18 de mayo de 2020

Sudokus

O  sudoku é un xogo de lóxica matemática popularizado polos
Xaponeses que resulta excelente para a estimulación cerebral. Entre os beneficios de resolver  sudokus máis importantes atopamos:
🔵Estimula a mente e os patróns de pensamento.
🟢Reforza a memoria.
🟣Exercita a capacidade de razoar.
🔴Eleva a velocidade de procesos mentais.
🟠 Axuda a concentrarse.
O xogo consiste en colocar números consecutivos en calquera orde sobre o  sudoku, de forma que non se repita ningún deles nin na fila vertical nin na fila horizontal.
Para o  sudoku (3x3) os números para colocar serán: 1, 2 e 3.
Os números do  sudoku de dificultade media(4x4) serán: 1, 2, 3 e 4.
Fai clic na imaxe para imprimir o sudoku 👆🏻🤗

viernes, 15 de mayo de 2020

Labirintos numéricos

Hoxe toca compatir unha divertida  colección de labirintos numéricos para exercitar a atención 🤔🧐 na primeira serie, para alumnos de infantil, hai que seguir a serie do 1 ata o 16
 para unir o debuxo de 
arriba co de abaixo
empezando e acabando pola frecha vermella.
Fai clic enriba da imaxe para imprimir o contido➡️

As fichas de labirintos son unha gran opción
á hora de traballar a  atención e concentración.
Ademais ao  ser labirintos de números
exercítase a competencia matemática a través
das series numéricas.

 Nesta segunda serie de labirintos numéricos ,  para alumnos de primaria, continuamos a traballar a atención e a competencia matemática  contando de un en un e de dous en dous. 
          Fai clic enriba das imaxes para imprimir o contido ⬇️


lunes, 11 de mayo de 2020

Tangram


O  tangram é un xogo ancestral chinés que consiste en formar formas de animais ou cousas a partir de figuras xeométricas, podía considerarse un tipo de crebacabezas moi sofisticado. Existen moitas e variadas formas de xogar co  tangram e podemos usalo formando figuras inventadas ou seguindo patróns dados para formar figuras segundo o modelo. 
 Son moitos os beneficios deste xogo:

1. Mellora o coñecemento da xeometría plana
2. Fomenta a  motricidad fina
3. Mellora a capacidade viso-espacial
4. Desenvolve o coñecemento lóxico-matemático
5. Mellora a atención
6. Estimula a creatividade
7. Fomenta a capacidade de esforzo e concentración
8. Estimula a memoria visual

Hoxe propoñemos que creedes o voso tangram e formedes as seguintes figuras de animais. Facede  clic enriba da imaxe para imprimir o documento👇⬇️:



miércoles, 6 de mayo de 2020

Tutti Frutti

           Hoxe propoñemos un Tutti Frutti de substantivos 🤗
O Tutti Frutti é un gran entretemento, que ademais axuda a repasar e aprender. Achegámosche esta táboa para que dunha maneira  divertida poidas repasar os substantivos.  Poderase adaptar o seu contido reducindo ou modificando categorías, agregarlle límite de tempo para facelo máis emocionante ou tamén poderás introducir variantes, como por exemplo , a posibilidade de consultar o diccionario entre outras moitas que se che ocorran. 


Preparados....listos.....✅  comezamos !!!


1. Recorda que cada palabra=1PUNTO
2. Se xogades en familia, eleximos  letra por turnos en función de intereses, do azar...( recordade que en clase metíamos todas as letras do abecedario nun saquiño e cos ollos  cerrados 🙈 sacábamos unha, eso sí , se nos tocaba  a W volvíamos a sacar😉)
3. A escribir palabras que empecen por esa letra 👏 
                                      Substantivos
 Letra.Puntos
COMÚN
PROPIO
INDIVIDUAL
COLECTIVO
CONCRETO
ABSTRACTO
    A— 6
auga 
 Ana
astronauta
arquipélago
árbore
amizade 
       —












       —




       —






       —






       —






       —






       —






 Recorda que o máis importante deste xogo é👇⬇️🤗

viernes, 1 de mayo de 2020

O SUBSTANTIVO

Hoxe imos a repasar os substantivos que son as palabras que identifican obxectos, animais, persoas, sentimentos ou ideas. Pódense agrupar nos seguintes tipos:



Agora clasificade vós os seguintes substantivos seguindo o exemplo🤗:

COMÚN
PROPIO
INDIVIDUAL
COLECTIVO
CONCRETO
ABSTRACTO
músico
X

X

X

Lucas






ilusión






colmea






amor






zapato






bandada






mesa






carballeira







No seguinte vídeo explícannos moitas cousas divertidas do substantivo, esperamos que vos guste 🤗 🤗

miércoles, 29 de abril de 2020

LECTURA COMPRENSIVA

Hoxe propoñemos unha lectura en castelán para os maiores da casa na que, ademais da comprensión lectora, imos a repasar aspectos gramaticais como a acentuación das palabras agudas, graves e esdrúxulas. Esperamos que vos guste a lectura elixida. 🤗



Un día estaba Eduardo Porcachón, el cerdo aventurero, sentado en su pocilga, cuando pasó por allí la ardilla Tina 🐿con ganas de charla.
- Es una pena que aquí en la granja no pase nada. Es un  puro aburrimiento. Entonces pasó por allí el buey Alberto🐂.   Eduardo 🐖 se puso en pie y dijo:
- Estoy planeado ponerme al frente de una expedición... mañana. - ¡Ooooooh! –exclamó la ardilla Tina. ¿A dónde, Eduardo?
- ¡Mañana subiré al monte de las hayas!
Se produjo una breve pausa y acto seguido dijo Alberto:
- Eso lo hace cualquiera.
- No!!!! Lo haré por la ruta difícil – repuso Eduardo lleno de osadía.
- ¡Sopla, Eduardo! – exclamó Tina-. ¿Podemos acompañarte todos?
- Puede venir el que quiera – respondió Eduardo generosamente.
A la mañana siguiente hacía frío y llovía, pero a pesar de ello acudieron todos los animales de la granja a presenciar la salida de la expedición, compuesta por el propio Eduardo, la ardilla Tina, Héctor,🐕 el perro de la granja y el buey Alberto.
Empezaron el ascenso, pero una inmensa niebla les envolvía, de tal forma que Héctor y Tina vieron a Eduardo desaparecer en la niebla.
- Regresemos –dijo Héctor.
- Buena idea –convino Tina.
Y sin dudarlo más, corrieron hacia la granja.
Eduardo, desesperado porque no veía a nadie con esa gran niebla se dejó caer en el suelo a esperar que levantase la niebla.
Eduardo, que había estado allí sentado todo el día, esperando a  que la niebla desapareciera, comenzó el camino de descenso al atardecer, ya que no quería que sus amigos pensaran que no había conseguido su objetivo.
Cuando llegó a la granja todos le estaban esperando para que les contara su aventura:
- Es una pena que no hayáis disfrutado de la magnífica vista de allí arriba.
Y el resto de la semana pudo oírse por todas partes a Eduardo hablándoles a sus amigos de su gran expedición al monte de las Hayas.



¿Quién es el protagonista de la historia?

1. El buey Alberto
2. La ardilla Tina
3. Eduardo, el cerdo
4. Héctor, el perro.

¿Cuál es su mayor preocupación?

1. Subir al monte de las Hayas.
2. Que sus amigos le acompañarán en la expedición .
3. Demostrar que era un aventurero .
4. No perderse por el camino.

¿Qué otros animales hay en la granaja? 

1. Una gallina, un perro y una ardilla.
 2. Dos patos ,un buey y un conejo.
3. Un buey, una ardilla y un perro.
4. Una vaca, un perro y una ardilla.

¿Cuál de los siguentes grupos de animales salió hacia el monte de las hayas?

1. Una Ardilla, dos patos y Eduardo .
2. Dos Patos, una ardilla, Héctor y Eduardo. 
3. El buey Eduardo.
4. Eduardo, Tina, Héctor y el buey.

Ordena las siguientes frases para resumir la historia:

• Eduardo organiza una expedición.
• Eduardo es extravía y tiene que esperar a que levante la niebla.
• A pesar de la lluvia, el frío y la niebla parte la expedición.
• Héctor y Tina deciden volver a la granja.

¿Qué hizo Eduardo en medio de la niebla?

1. Volvió a la  granja.
2. Siguió hasta subir al monte de las Hayas. 
3. Decidió esperar sentado.
4. Subió al monte y esperó allí.

¿Habían estado los animales en el monte de las Hayas anteriormente? ¿Cuál era la novedad que proponía Eduardo?

1. Proponía subir sólo.
2. Proponía subir por la ruta difícil .
3. Proponía subir un día de niebla.
4. Proponía subir y pasar allí la noche.

Clasifica las palabras destacadas  en:

AGUDAS:
LLANAS:
ESDRÚJULAS: