
Hoxe imos a traballar o razoamento lóxico con este xogo de BARCOS, no que hai que sinalar a fila e a columna na que se atopan as diferentes imaxes situadas na táboa. Fai clic na imaxe para descargar o documento⬇️

Cada xogador debe colocar nun dos taboleiros os seguintes barcos en posición horizontal ou vertical:
🟥 1 barco que ocupa 4 cadros.
🟦 2 barcos de tres cadros
🟧3 barcos de 2 cadros
🟩4 barcos dun só cadro
Os barcos téñense que colocar respectando unha franxa de cadros en branco ao redor.
Cada xogador dispón dunha quenda que se irá alternando. Para facelo dirá as coordenadas. Por exemplo “ B3”
O outro xogador comprobará o resultado no seu taboleiro:
⬜️Se a casa está en branco, responderá “auga”.
🟪Se na casa atópase parte dun barco responderá “tocado”. Nese caso
o xogador ten dereito a unha nova tirada na mesma quenda.
🟨Se na casa atópase un barco dun cadro ou a última parte dun barco
xa tocado, responderá “afundido” e tamén ten dereito a unha nova tirada.
Finalmente, gaña o xogador que antes consegue afundir a frota do outro🤗