🟩 1º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA: Nestes dous cadernos que vos deixamos atoparedes moitas actividades para traballar contidos fundamentais das áreas de Matemáticas e da Linguaxe.Fai clic enriba das imaxes para descargar os documentos ⬇️
🟥 A lectura é un instrumento fundamental para a aprendizaxe, é unha fonte de entretemento e de desenvolvemento intelectual e axuda a mellorar a capacidade expresiva, a linguaxe e a imaxinación. É moi importante repasar a lectura en casa a través de contos, por iso deixamosvos aquí este material xenial para exercitar a lectura de forma entretida nos meses verán. Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento⬇️
🟧É importar practicar o cálculo estes días de verán. Lembramos que as operacións básicas son a base para a adquisición de competencias matemáticas máis complexas, como a resolución de problemas. Deixamos tamén este caderno pequeno de sumas e restas, co obxectivo de que todos os días (de luns a venres) repasedes de forma sinxela o cálculo de sumas e restas. Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento⬇️
🟪 Tamén podedes visitar o noso SYMBALOO na parte inferior da páxina web do cole, onde se atopan enlaces de interese con xogos para o verán ⬇️⬇️⬇️⬇️
🟨Xogos de Educación Infantil
🟩Xogos de Educación Primaria
🟧Xogos de Educación Infantil e Primaria