🟩DIVERTIDO ESCAPE ROOM: Encerrados na terra🟪
Un Escape Room é unha experiencia de xogo onde se vos desafía a saír dunha habitación onde quedastes encerrados. Para iso deberedes superar unha serie de retos que vos levarán a atopar a chave que abre a porta de saída.
Neste Escape Room que presentamos hoxe tedes que liberarvos duns 👽 extraterrestres que viñeron a invadir a Terra 🌎.🔶 Para iso teredes que conseguir abrir a porta dun Ovni (que se atopa pechada) e metelos a todos nel, e así, poder mandalos de volta ao seu planeta Marte. 🔷Para conseguir descifrar o código que permita abrir a porta, teredes que resolver catro pistas realizando unha serie de operacións con restas, divisións ou con números romanos entre outras, que se vos van plantexando.
Estades preparados para xogar?Fai clic enriba do extraterrestre para descargar o xogo completo⬇️⬇️