Mostrando entradas con la etiqueta ATENCIÓN E CONCENTRACIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ATENCIÓN E CONCENTRACIÓN. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de marzo de 2021

🟢Pasatempos 🟣

Para estas vacacións de Semana Santa dende o Departamento de Orientación propoñemos unha morea de tarefas moi  útiles para traballar a ATENCIÓN E A PERCEPCIÓN VISUAL. 

Facede 👇🏼⏺  CLIC enriba da imaxe  e elixide as vosas preferidas⬇️⬇️⬇️⬇️

E se vos gustan  as sopas de números, aquí vos deixamos unha na que hai 63 sumas e restas escondidas. Seredes capaces de atopalas? Seguro que sí 👍 Prestade moita atención porque estas operacións ademais de atoparse en posición horizontal  tamén están en vertical 🤓
      Para imprimir o documento fai clic enriba da imaxe ⬇️



martes, 22 de diciembre de 2020

🔶ACTIVIDADES NAVIDEÑAS🔷



O NADAL É UNHA BONITA DATA PARA PASAR TEMPO EN FAMILIA E VIVIR GRANDES MOMENTOS XUNT@S. 
POR ESO,DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN, ESTE ANO DEIXAMOS  UNHA MOREA DE ACTIVIDADES PARA TRABALLAR “O NADAL” COS NOSOS NENOS E NENAS:

  • CANTOS HAI?

  • LABERINTOS 

  • ATOPA AS DIFERENZAS

  • QUEBRACABEZAS

  • SOPAS DE  LETRAS

  • SODOKUS

  • RETOS NAVIDEÑOS... 


ELIXE O TEU FAVORITO E FAI CLIC ENRIBA DA IMAXE 👆🏽🟣 PARA DESCARGAR OS DOCUMENTOS

   


              



 




 
ESPERAMOS  QUE VOS GUSTEN!!!
BO NADAL!!




viernes, 12 de junio de 2020

🟧Barquiños🟥

razoamento é a facultade que permite resolver problemas, extraer conclusións e aprender de maneira consciente dos feitos, establecendo conexións  causais  e lóxicas necesarias entre eles. 
Hoxe imos a  traballar o razoamento lóxico con este xogo de BARCOS, no que  hai que sinalar a fila e a columna na que se atopan as diferentes imaxes situadas na táboa. Fai clic na imaxe para descargar o documento⬇️
E para os maiores propoñemos o clásico xogo de barcos ou barquiños 🛥⛵️. Este  xogo consiste en afundir a frota do adversario. Para iso, debe colocar a súa propia frota de forma estratéxica e atopar e afundir  a frota contraria.Cada un dos xogadores dispón de dous taboleiros ( podedes imprimilo facendo clic na imaxe ➡️ ou debuxalo) que ocultará ao outro xogador: nun debe colocar os seus barcos e no outro irá marcando as coordenadas  que realiza o seu adversario.
Cada xogador debe colocar nun dos taboleiros os seguintes barcos en posición horizontal ou vertical:
🟥 1 barco que ocupa 4 cadros.
🟦 2 barcos de tres cadros
🟧3 barcos de 2 cadros
🟩4 barcos dun só cadro
Os barcos téñense que colocar respectando unha franxa de cadros en branco ao redor. 
Cada xogador dispón dunha quenda que se irá alternando. Para facelo dirá as coordenadas. Por exemplo “ B3”
 O outro xogador comprobará o resultado no seu taboleiro:
⬜️Se a casa está en branco, responderá “auga”.
🟪Se na casa atópase parte dun barco responderá “tocado”. Nese caso
o xogador ten dereito a unha nova tirada na mesma quenda.
🟨Se na casa atópase un barco dun cadro ou a última parte dun barco
xa tocado, responderá “afundido” e tamén ten dereito a unha nova tirada.
Finalmente, gaña o xogador que antes consegue afundir a frota do outro🤗

martes, 9 de junio de 2020

🟪Memoria visual🟩

A memoria visual é a capacidade de lembrar información que se recibiu  visualmente. Normalmente falamos de recordo inmediato (4-5 segundos), de todos os detalles dun elemento visual e de ser capaz de atopar estes detalles de entre unha selección de elementos. E a memoria  secuencial é a capacidade de lembrar a orde dos obxectos e eventos. Isto implica ser capaz de manter unha imaxe mental dunha secuencia de letras, números, palabras, obxectos, formas, etc. A memoria  secuencial da orde das letras en palabras e a orde das palabras nunha secuencia son importantes para a lectura e a ortografía. Problemas nesta área poden significar dificultades para lembrar as secuencias correctas das letras que compoñen palabras ou frases e así os nenos e nenas poderán:

🟢Equivocarse ao ler palabras.
🟣Ter dificultades para  aprender as letras ou os números.
⚫️Ter dificultades para seguir instrucións ou localización obxectos.

Hoxe deixamos tres actividades para  traballar estos aspectos dunha maneira amena!
Nesta primeira actividade haberá que buscar todos os animais e persoaxes que aparecen ao redor das láminas, fixádevos ben 🧐🤓porque  algúns están moi escondidos🤗🤗
 Fai clic enriba das imaxes para descargar os documentos ⬇️

Na  segunda actividade de hoxe, tras un tempo prudencial de visualización , haberá que retirar o modelo e posteriormente intentar reproducilo sen mirar . Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento⬇️

         Nesta terceira actividade observaredes   as imaxes durante uns minutos, despois teredes que dobrar  a páxina pola metade e escribir todo o que lembredes. Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento ⬇️


Aquí vos deixamos máis ideas  divertidas para traballar a memoria visual :
🟩Xogos de memoria, por exemplo: atopar parellas con barallas de cartas, xogos de memoria no ordenador ou  tablet.
🟪Completa a imaxe. Mostrar ao neno/a unha imaxe sinxela e logo darlle un debuxo incompleto da mesma imaxe. Deixarlles completar a imaxe usando só a súa memoria.
🟥Mirar un obxecto e falar das súas características. Quitar o obxecto da vista do neno/ae pedirlle que lembre e explique as características que lembre.
🟨Mostrar unha forma e debuxala. Darlle ao neno/a un debuxo incompleto da mesma forma para que o complete usando só a súa memoria.
🟦Atopa as diferenzas. Mostrar ao neno/a  dúas imaxes similares e pedirlle que nomee o que non se atopa nunha das imaxes.
⬛️Xogo de parellas. Con obxectos, formas, letras ou palabras.
⬜️Xogos de observación  espontanea. Pedir ao neno/a que se tape os ollos e pedirlle que lembre, por exemplo, que roupa levamos posta nese momento ? 
🟧Paseos de observación. Pode o neno/a lembrar 4 cousas despois dunha camiñada? Identificar, sinalar ou discutir obxectos, conceptos, accións ou situacións durante o paseo.
🟩Usar un papel para facer un debuxo ou figura xeométrica. Cubrilo e pedir ao neno/a  que o reproduza usando a súa memoria, aumentando gradualmente a dificultade de formas.
🟪Xogo de  Kim. Prepara unha mesa con varios obxectos familiares e pide ao neno/a  que os observe e lembre. Cubrir os obxectos cun trapo e preguntar que hai sobre a mesa. Quitar un e preguntar cal falta.
🟥Ollada rápida a un libro. Abrir un libro preferiblemente con imaxes por unha páxina determinada e pedir ao neno/a que a observe durante uns segundos. Pechar o libro e pedir ao neno atopar a páxina correcta.
🟨Xogo de ortografía. Mira, cobre, lembra, escribe, comproba.

E tamén  ideas divertidas  de actividades de memoria secuencial:

🟩Organizar unha secuencia de obxectos, por exemplo, culler coitelo garfo en orde de tamaño, de pequenas a grandes. A continuación mesturar a secuencia e pedir ao neno/a  organizalos de novo.
🟪Que ocorre despois? Facer con historietas, cómics ou «tarxetas de secuencia ‘de situacións cotiás e pedir ao neno/a para ordenar na orde correcta.
🟥Lembrar a secuencia dunha serie de tres a catro formas  coloreadas.
🟨Secuencias de movemento ou de bólas. Por exemplo, salto, salto, atrapar pelota, botar, lanzar ao aire e aplaudir e logo coller.
🟦Ritmos aplaudindo. Pedir a un neno/a  que copie unha secuencia que facemos primeiro.
⬛️Xogo de ‘o aforcado’ ou xogo  scrabble  junior.
⬜️Axuda para  deletrear. Escribir palabras parcialmente e pedir ao neno/a que as complete. 🟧Facer palabras con plastilina ou papel. 

martes, 2 de junio de 2020

🟩Escape Room🟪


  🟩DIVERTIDO ESCAPE  ROOM: Encerrados na terra🟪
Un Escape  Room é unha experiencia de xogo onde se vos desafía a saír dunha habitación onde quedastes encerrados.  Para iso deberedes superar unha serie de retos  que vos levarán a atopar a chave que abre a porta de saída. 


Neste Escape Room que presentamos hoxe tedes que liberarvos duns 👽 extraterrestres que viñeron a invadir a Terra 🌎.🔶 Para iso teredes que conseguir abrir a porta dun Ovni (que se atopa pechada) e metelos a todos  nel, e así,  poder mandalos  de volta ao seu planeta Marte. 🔷Para conseguir  descifrar o código que permita abrir a porta,  teredes que resolver catro  pistas realizando unha serie de operacións con restas, divisións  ou con números romanos entre outras, que se vos van plantexando. 

  

Estades preparados para xogar?Fai clic enriba do extraterrestre para descargar o xogo completo⬇️⬇️ 







lunes, 1 de junio de 2020

🟪Simetrías🟩

Hoxe presentamos unhas actividades que  axudan aos nenos e nenas a entender a idea de  simetría  e a recoñecer e debuxar  figuras simétricas respecto dun eixo. Ao realizar estas actividades están a desenvolver habilidades de:
🟪Coordinación  motriz fina.
🟧Viso-percepción de formas
           🟦Percepción de posicións relativas
                         ⬛️Construción de estratexias: ensaio e erro.

Fai clic enriba das imaxes para descargar os documentos⬇️⬇️

Para os nenos e nenas  de Infantil tamén propoñemos estas simetrías divertidas ⬇️⬇️⬇️⬇️⬇️


ATOPA AS DIFERENZAS

                
Atopa as diferenzas entre os seguintes debuxos.



                 Diferenzas 6
        Diferenzas 1                                               Diferenzas 6


                 
         Diferenzas 2                                              Diferenzas 7

Diferenzas 3                 
           Diferenzas 3                                            Diferenzas 8

Diferenzas 4                 
          Diferenzas 4                                              Diferenzas 9

Diferenzas 5                 
           Diferenzas 5                                            Diferenzas 10














Solucións




miércoles, 27 de mayo de 2020

⬇️ Lince ⬇️

 Hoxe propoñemos dous  xogos moi divertidos inspirados no clásico Lince que permite exercitar 
a atención, a memoria, a discriminación visual e  o vocabulario entre outros moitos aspectos.

♥️O primeiro xogo ‘BUSCA E ATOPA’ trátase dunha lámina chea de imaxes de distintos obxectos e tarxetas recortables que nos  din o que debemos buscar. Fai clic enriba dela para descargar o documento completo ⬇️⬇️⬇️
🔶En función da idade, poderase aumentar  a súa dificultade complicando as búsquedas ou ben   limitando o tempo das mesmas🤓. As tarxetas que presenta este xogo dannos tres tipos de ordes: 
1- Buscar obxectos a partir dun debuxo
2- Identificar obxectos a partir dunha descrición escrita
3- Escribir palabras que conteñan algunhas letras determinadas, aquí poderemos complicar o enunciado pedindo que escriban frases con esas palabras 🤓


           


♥️O segundo xogo que propoñemos está máis adaptado  os nenos e nenas de Infantil. 🤗Igual que no anterior, trátase dunha lámina chea de imaxes de diferentes obxectos e tarxetas recortables que haberá que identificar na lámina. Unha vez identificadas colocaremos as tarxetas enriba do obxecto identificado e así ata rematar todas as tarxetas. Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento completo ⬇️⬇️



lunes, 25 de mayo de 2020

O adxectivo

Hoxe propoñemos un contiño agarimoso para repasar os adxectivos e os seus graos.Lembrade que é moi importante ler detidamente o texto para contestar as preguntas de comprensión.

O gato Basilio e a lúa
  Hai moito tempo existiu un pobo onde vivían felices moitísimos gatos. Eran de todos os tamaños e de todas as cores, e viñan de todas as partes do mundo atraídos pola tranquilidade que nel se respiraba. Era un pobo precioso de casas de madeira e rúas de pedra no que a convivencia entre os felinos era moi apracible. Pasaban os días saltando polos tellados, perseguindo ratos polas rúas e acariciando as súas pelaxes.

Ata que un día  chegou Basilio ao pobo. Era un gato de pelaxe branca e longos bigotes que facía exactamente o mesmo que o resto, pero pronto se aburriu de repetir a mesma rutina. Así  empezou a pasar longas horas apampado mirando a lúa e vendo como o seu reflexo prateado bañaba todo o pobo.


-“Vas quedar parvo de tanto mirala” dicíanlle os outros gatos que non entendían o seu interese.

-“Non ves que non conseguirás nada! Por máis que a mires, a lúa non baixará a estar contigo.” Repetíanlle continuamente.

Pero Basilio non  quería que a lúa baixase a facerlle compañía, o que lle importaba era aquel aire de maxia que tiñan as noites nas que a súa luz invadía todos os recunchosAquela misteriosa e distante lúa redonda facíao soñar. Soñaba con alcanzala, con abrazala e con entender como era capaz de transformarse de maneira tan incrible.

Só a súa amiga Amalia se preocupaba  por el e trataba de que se esquecese daquela obsesión. Basilio que gozaba falando con ela dicíalle: 

-“Non ves o fermosísima que é? Hoxe está máis brillante e grande que nunca, pero tamén máis lonxe. Poderemos algún día chegar ata onde está?” 

  
Amalia estirábase enfadada e lanzáballe un  gruñido.

– Cantos paxaros tes na cabeza!


Pero  Basilio non tiña paxaros senón soños e quería cumprilos todos…


– Teriamos que viaxar, coñecer outros lugares e perseguir a outros animais máis grandes ca nòs- Repetía  suspirando Basilio. 

Ata que un bo día  adesapareceu sen dicir nada a  ninguén.

– Marchouse a buscar os seus soños. Chegaría ata a lúa?– preguntábase con curiosidade  Amalia…


Nunca máis se soubo de Basilio,  pero algunhas noites de lúa chea hai quen mira cara ao ceo e pode distinguir entre as manchas escuras da lúa uns bigotes alongados.


         Non todos poden velo. Só os  soñadores son capaces.

                      Es capaz ti?
Estades preparados para responder ás seguintes preguntiñas? 😸

1. Quen é o protagonista da historia?

2. Como se chamaba?

3. Onde vivía?

4. Que lle gustaba facer?

5. Con que soñaba?


6. Como se chamaba a súa mellor amiga?

7. Que lle dicía a súa amiga?

8. Que pensaba a súa amiga que lle pasou a  Basilio ?

9. Quen pode velo?



10. Busca todos os adxectivos que aparecen na lectura e di  en que grao se atopan.











                                🔶GRAOS DO ADXECTIVO


Para descargar o recurso orixinal en castelán: ‘El gato que quería alcanzar la luna’  ⬇️ fai clic enriba da imaxe⬇️⬇️⬇️