martes, 9 de junio de 2020

🟪Memoria visual🟩

A memoria visual é a capacidade de lembrar información que se recibiu  visualmente. Normalmente falamos de recordo inmediato (4-5 segundos), de todos os detalles dun elemento visual e de ser capaz de atopar estes detalles de entre unha selección de elementos. E a memoria  secuencial é a capacidade de lembrar a orde dos obxectos e eventos. Isto implica ser capaz de manter unha imaxe mental dunha secuencia de letras, números, palabras, obxectos, formas, etc. A memoria  secuencial da orde das letras en palabras e a orde das palabras nunha secuencia son importantes para a lectura e a ortografía. Problemas nesta área poden significar dificultades para lembrar as secuencias correctas das letras que compoñen palabras ou frases e así os nenos e nenas poderán:

🟢Equivocarse ao ler palabras.
🟣Ter dificultades para  aprender as letras ou os números.
⚫️Ter dificultades para seguir instrucións ou localización obxectos.

Hoxe deixamos tres actividades para  traballar estos aspectos dunha maneira amena!
Nesta primeira actividade haberá que buscar todos os animais e persoaxes que aparecen ao redor das láminas, fixádevos ben 🧐🤓porque  algúns están moi escondidos🤗🤗
 Fai clic enriba das imaxes para descargar os documentos ⬇️

Na  segunda actividade de hoxe, tras un tempo prudencial de visualización , haberá que retirar o modelo e posteriormente intentar reproducilo sen mirar . Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento⬇️

         Nesta terceira actividade observaredes   as imaxes durante uns minutos, despois teredes que dobrar  a páxina pola metade e escribir todo o que lembredes. Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento ⬇️


Aquí vos deixamos máis ideas  divertidas para traballar a memoria visual :
🟩Xogos de memoria, por exemplo: atopar parellas con barallas de cartas, xogos de memoria no ordenador ou  tablet.
🟪Completa a imaxe. Mostrar ao neno/a unha imaxe sinxela e logo darlle un debuxo incompleto da mesma imaxe. Deixarlles completar a imaxe usando só a súa memoria.
🟥Mirar un obxecto e falar das súas características. Quitar o obxecto da vista do neno/ae pedirlle que lembre e explique as características que lembre.
🟨Mostrar unha forma e debuxala. Darlle ao neno/a un debuxo incompleto da mesma forma para que o complete usando só a súa memoria.
🟦Atopa as diferenzas. Mostrar ao neno/a  dúas imaxes similares e pedirlle que nomee o que non se atopa nunha das imaxes.
⬛️Xogo de parellas. Con obxectos, formas, letras ou palabras.
⬜️Xogos de observación  espontanea. Pedir ao neno/a que se tape os ollos e pedirlle que lembre, por exemplo, que roupa levamos posta nese momento ? 
🟧Paseos de observación. Pode o neno/a lembrar 4 cousas despois dunha camiñada? Identificar, sinalar ou discutir obxectos, conceptos, accións ou situacións durante o paseo.
🟩Usar un papel para facer un debuxo ou figura xeométrica. Cubrilo e pedir ao neno/a  que o reproduza usando a súa memoria, aumentando gradualmente a dificultade de formas.
🟪Xogo de  Kim. Prepara unha mesa con varios obxectos familiares e pide ao neno/a  que os observe e lembre. Cubrir os obxectos cun trapo e preguntar que hai sobre a mesa. Quitar un e preguntar cal falta.
🟥Ollada rápida a un libro. Abrir un libro preferiblemente con imaxes por unha páxina determinada e pedir ao neno/a que a observe durante uns segundos. Pechar o libro e pedir ao neno atopar a páxina correcta.
🟨Xogo de ortografía. Mira, cobre, lembra, escribe, comproba.

E tamén  ideas divertidas  de actividades de memoria secuencial:

🟩Organizar unha secuencia de obxectos, por exemplo, culler coitelo garfo en orde de tamaño, de pequenas a grandes. A continuación mesturar a secuencia e pedir ao neno/a  organizalos de novo.
🟪Que ocorre despois? Facer con historietas, cómics ou «tarxetas de secuencia ‘de situacións cotiás e pedir ao neno/a para ordenar na orde correcta.
🟥Lembrar a secuencia dunha serie de tres a catro formas  coloreadas.
🟨Secuencias de movemento ou de bólas. Por exemplo, salto, salto, atrapar pelota, botar, lanzar ao aire e aplaudir e logo coller.
🟦Ritmos aplaudindo. Pedir a un neno/a  que copie unha secuencia que facemos primeiro.
⬛️Xogo de ‘o aforcado’ ou xogo  scrabble  junior.
⬜️Axuda para  deletrear. Escribir palabras parcialmente e pedir ao neno/a que as complete. 🟧Facer palabras con plastilina ou papel.