Mostrando entradas con la etiqueta COMPETENCIA MATEMÁTICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COMPETENCIA MATEMÁTICA. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de marzo de 2021

🟢Pasatempos 🟣

Para estas vacacións de Semana Santa dende o Departamento de Orientación propoñemos unha morea de tarefas moi  útiles para traballar a ATENCIÓN E A PERCEPCIÓN VISUAL. 

Facede 👇🏼⏺  CLIC enriba da imaxe  e elixide as vosas preferidas⬇️⬇️⬇️⬇️

E se vos gustan  as sopas de números, aquí vos deixamos unha na que hai 63 sumas e restas escondidas. Seredes capaces de atopalas? Seguro que sí 👍 Prestade moita atención porque estas operacións ademais de atoparse en posición horizontal  tamén están en vertical 🤓
      Para imprimir o documento fai clic enriba da imaxe ⬇️



martes, 22 de diciembre de 2020

🔶ACTIVIDADES NAVIDEÑAS🔷



O NADAL É UNHA BONITA DATA PARA PASAR TEMPO EN FAMILIA E VIVIR GRANDES MOMENTOS XUNT@S. 
POR ESO,DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN, ESTE ANO DEIXAMOS  UNHA MOREA DE ACTIVIDADES PARA TRABALLAR “O NADAL” COS NOSOS NENOS E NENAS:

  • CANTOS HAI?

  • LABERINTOS 

  • ATOPA AS DIFERENZAS

  • QUEBRACABEZAS

  • SOPAS DE  LETRAS

  • SODOKUS

  • RETOS NAVIDEÑOS... 


ELIXE O TEU FAVORITO E FAI CLIC ENRIBA DA IMAXE 👆🏽🟣 PARA DESCARGAR OS DOCUMENTOS

   


              



 




 
ESPERAMOS  QUE VOS GUSTEN!!!
BO NADAL!!




viernes, 12 de junio de 2020

🟧Barquiños🟥

O razoamento é a facultade que permite resolver problemas, extraer conclusións e aprender de maneira consciente dos feitos, establecendo conexións  causais  e lóxicas necesarias entre eles. 
Hoxe imos a  traballar o razoamento lóxico con este xogo de BARCOS, no que  hai que sinalar a fila e a columna na que se atopan as diferentes imaxes situadas na táboa. Fai clic na imaxe para descargar o documento⬇️
E para os maiores propoñemos o clásico xogo de barcos ou barquiños 🛥⛵️. Este  xogo consiste en afundir a frota do adversario. Para iso, debe colocar a súa propia frota de forma estratéxica e atopar e afundir  a frota contraria.Cada un dos xogadores dispón de dous taboleiros ( podedes imprimilo facendo clic na imaxe ➡️ ou debuxalo) que ocultará ao outro xogador: nun debe colocar os seus barcos e no outro irá marcando as coordenadas  que realiza o seu adversario.
Cada xogador debe colocar nun dos taboleiros os seguintes barcos en posición horizontal ou vertical:
🟥 1 barco que ocupa 4 cadros.
🟦 2 barcos de tres cadros
🟧3 barcos de 2 cadros
🟩4 barcos dun só cadro
Os barcos téñense que colocar respectando unha franxa de cadros en branco ao redor. 
Cada xogador dispón dunha quenda que se irá alternando. Para facelo dirá as coordenadas. Por exemplo “ B3”
 O outro xogador comprobará o resultado no seu taboleiro:
⬜️Se a casa está en branco, responderá “auga”.
🟪Se na casa atópase parte dun barco responderá “tocado”. Nese caso
o xogador ten dereito a unha nova tirada na mesma quenda.
🟨Se na casa atópase un barco dun cadro ou a última parte dun barco
xa tocado, responderá “afundido” e tamén ten dereito a unha nova tirada.
Finalmente, gaña o xogador que antes consegue afundir a frota do outro🤗

martes, 2 de junio de 2020

🟩Escape Room🟪


  🟩DIVERTIDO ESCAPE  ROOM: Encerrados na terra🟪
Un Escape  Room é unha experiencia de xogo onde se vos desafía a saír dunha habitación onde quedastes encerrados.  Para iso deberedes superar unha serie de retos  que vos levarán a atopar a chave que abre a porta de saída. 


Neste Escape Room que presentamos hoxe tedes que liberarvos duns 👽 extraterrestres que viñeron a invadir a Terra 🌎.🔶 Para iso teredes que conseguir abrir a porta dun Ovni (que se atopa pechada) e metelos a todos  nel, e así,  poder mandalos  de volta ao seu planeta Marte. 🔷Para conseguir  descifrar o código que permita abrir a porta,  teredes que resolver catro  pistas realizando unha serie de operacións con restas, divisións  ou con números romanos entre outras, que se vos van plantexando. 

  

Estades preparados para xogar?Fai clic enriba do extraterrestre para descargar o xogo completo⬇️⬇️ 







lunes, 1 de junio de 2020

🟪Simetrías🟩

Hoxe presentamos unhas actividades que  axudan aos nenos e nenas a entender a idea de  simetría  e a recoñecer e debuxar  figuras simétricas respecto dun eixo. Ao realizar estas actividades están a desenvolver habilidades de:
🟪Coordinación  motriz fina.
🟧Viso-percepción de formas
           🟦Percepción de posicións relativas
                         ⬛️Construción de estratexias: ensaio e erro.

Fai clic enriba das imaxes para descargar os documentos⬇️⬇️

Para os nenos e nenas  de Infantil tamén propoñemos estas simetrías divertidas ⬇️⬇️⬇️⬇️⬇️


martes, 19 de mayo de 2020

Xogo de agudeza visual

                                   Cantos animais hai?
Nesta actividade de hoxe combinamos dous aspectos fundamentais que hai que exercitar desde idades temperás: o cálculo e a atención. O primeiro deles, o cálculo, é a base da competencia matemática e necesario para desenvolver coñecementos matemáticos máis complexos como as sumas ou as restas. Doutra banda, a atención; xoga un papel fundamental no proceso de aprendizaxe así como no propio rendemento académico d@s alumn@s.
🔵 Este xogo consiste en contar os animais que se indican, aínda que tamén  podedes introducir algunha dificultade e engadir operacións como sumas ou restas dos  diferentes tipos de animais:
🦐+🐟=. 🐋-🐠=
Fai clic enriba das imaxes para descargar o documento completo👆🏻

lunes, 18 de mayo de 2020

Sudokus

O  sudoku é un xogo de lóxica matemática popularizado polos
Xaponeses que resulta excelente para a estimulación cerebral. Entre os beneficios de resolver  sudokus máis importantes atopamos:
🔵Estimula a mente e os patróns de pensamento.
🟢Reforza a memoria.
🟣Exercita a capacidade de razoar.
🔴Eleva a velocidade de procesos mentais.
🟠 Axuda a concentrarse.
O xogo consiste en colocar números consecutivos en calquera orde sobre o  sudoku, de forma que non se repita ningún deles nin na fila vertical nin na fila horizontal.
Para o  sudoku (3x3) os números para colocar serán: 1, 2 e 3.
Os números do  sudoku de dificultade media(4x4) serán: 1, 2, 3 e 4.
Fai clic na imaxe para imprimir o sudoku 👆🏻🤗

viernes, 15 de mayo de 2020

Labirintos numéricos

Hoxe toca compatir unha divertida  colección de labirintos numéricos para exercitar a atención 🤔🧐 na primeira serie, para alumnos de infantil, hai que seguir a serie do 1 ata o 16
 para unir o debuxo de 
arriba co de abaixo
empezando e acabando pola frecha vermella.
Fai clic enriba da imaxe para imprimir o contido➡️

As fichas de labirintos son unha gran opción
á hora de traballar a  atención e concentración.
Ademais ao  ser labirintos de números
exercítase a competencia matemática a través
das series numéricas.

 Nesta segunda serie de labirintos numéricos ,  para alumnos de primaria, continuamos a traballar a atención e a competencia matemática  contando de un en un e de dous en dous. 
          Fai clic enriba das imaxes para imprimir o contido ⬇️


miércoles, 13 de mayo de 2020

Xogo de Matemáticas

HOXE PROPOÑEMOS UN XOGO DE REFORZO  DE MATEMÁTICAS PARA OS MAIORES DA CASA.

Este xogo consiste en colocar un gomet verde 🟢 ou un  gomet vermello 🔴 en función de se é verdade ou mentira o que se indica. (Se non dispoñedes de gomets coloreade simplemente un círculo verde ou vermello). 🤗
Fai clic enriba da imaxe para imprimir o documento⬇️

viernes, 24 de abril de 2020

TÁBOAS DE MULTIPLICAR


Podedes repasar as táboas de multiplicar con estas divertidas fichas nas que aparecen na marxe dereita as diferentes solucións para que vos sirvan de guía. Facede click na táboa que queirades repasar.



TABLA DEL 1

TABLA DEL 2

TABLA DEL 3

TABLA DEL 4

TABLA DEL 5

TABLA DEL 6

TABLA DEL 7

TABLA DEL 8

TABLA DEL 9

TABLA DEL 10

miércoles, 22 de abril de 2020

Multiplicación

Lee e resolve o seguinte problema, recorda os pasos que debes seguir para chegar ata a solución.



1. Un carpinteiro foi contratado para colocar as portas de cincuenta e sete vivendas. Sabendo que cada vivenda ten doce portas e que por cada unha cobra noventa e sete euros, canto lle pagarán cando remate  o traballo?




2.  Repasa as táboas de multiplicar