jueves, 18 de junio de 2020

🧡Feliz verán💛



🧡Felices vacacións💛

Durante este verán desfrutade,

 sorride e 

descansade moito.

🧡Vémonos en setembro!💛

      Yolanda, María F, Paula e María G

miércoles, 17 de junio de 2020

🟩Educación Infantil 🟪

Esta semana fomos deixando unha serie de cadernos para traballar no verán e hoxe toca Educación Infantil, así que aquí deixamos unha serie de materiais para que poidades  elexir os que máis vos gusten:

          🟩 🚀 O meu Caderno Espacial🚀Aquí traballamos  a lateralidade, a atención e a discriminación e percepción visual. ✏️ Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento⬇️⬇️

         🟪 🐝🦆🐌🐥O meu caderno de animais 🐝🦆🐌🐥Aquí atoparedes unha morea de actividades divertidas: laberintos, series, identificar direrenzas, completar debuxos...Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento⬇️⬇️

           




🟥 O meu caderno de sudokus✍🏼 O sudoku é unha das actividades máis útiles para desenvolver o pensamento lóxico e matemático nos nenos/ as.Neste caderno propoñemos dous niveis de dificultade, dúas cuadrículas de 2×2 e outra de 3×3. O xogo consiste en colocar os animaliños sobre o  sudoku, de forma que non se repita ningún deles nin na fila vertical nin na fila horizontal.
 Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento⬇️

🟪 Tamén podedes visitar o noso SYMBALOO  na parte inferior da páxina web do cole, onde se atopan enlaces de interese con xogos para o verán ⬇️⬇️⬇️⬇️

 🟨Xogos de Educación Infantil
 🟩Xogos de Educación Primaria
 🟧Xogos de Educación Infantil e Primaria

martes, 16 de junio de 2020

🟩 5º y 6º curso🟪

Esta semana iremos deixando unha serie de cadernos para traballar no verán, hoxe toca quinto  e sexto curso de Educación Primaria.
          🟩 5º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA  Nestes dous cadernos que vos deixamos  atoparedes moitas actividades para traballar contidos fundamentais das áreas de  Matemáticas e da Linguaxe.Fai clic enriba das imaxes para descargar os documentos⬇️⬇️


             🟩 6º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA  Nestes dous cadernos que vos deixamos  atoparedes moitas actividades para traballar contidos fundamentais das áreas de  Matemáticas e da Linguaxe. Fai clic enriba das imaxes para descargar os documentos ⬇️⬇️




🟥 A lectura é un instrumento fundamental para a aprendizaxe, é unha fonte de entretemento e de desenvolvemento intelectual e axuda a mellorar a capacidade expresiva, a linguaxe e a imaxinación. É moi importante repasar a lectura na casa, por iso deixamosvos aquí este material xenial para exercitar a lectura de forma entretida nos meses verán.

🟧É importar practicar o cálculo estes días de verán. Lembramos que as operacións básicas son a base para a adquisición de competencias matemáticas máis complexas, como a resolución de problemas. Deixamos tamén estes cadernos de multiplicacións e divisións, co obxectivo de que repasedes  de forma sinxela o cálculo das mesmas.


⬛️ Nesta páxina atoparedes unha morea de experimentos divertidos⬇️


🟪 Tamén podedes visitar o noso SYMBALOO na parte inferior da páxina web do cole, onde se atopan enlaces de interese con xogos para o verán ⬇️⬇️⬇️
 🟨Xogos de Educación Infantil
 🟩Xogos de Educación Primaria
 🟧Xogos de Educación Infantil e Primaria




🟩 3º e 4º curso🟪

Esta semana iremos deixando unha serie de cadernos para traballar no verán, hoxe toca terceiro  e cuarto curso de Educación Primaria.
          🟩 3º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA  Nestes dous cadernos que vos deixamos  atoparedes moitas actividades para traballar contidos fundamentais das áreas de  Matemáticas e da Linguaxe.Fai clic enriba das imaxes para descargar os documentos ⬇️⬇️


         🟩 4º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA :  Nestes dous cadernos que vos deixamos  atoparedes moitas actividades para traballar contidos fundamentais das áreas de  Matemáticas e da Linguaxe.Fai clic enriba das imaxes para descargar os documentos ⬇️⬇️




🟥 A lectura é un instrumento fundamental para a aprendizaxe, é unha fonte de entretemento e de desenvolvemento intelectual e axuda a mellorar a capacidade expresiva, a linguaxe e a imaxinación. É moi importante repasar a lectura na casa, por iso deixamosvos aquí este material xenial para exercitar a lectura de forma entretida nos meses verán. Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento ⬇️

🟧É importar practicar o cálculo estes días de verán. Lembramos que as operacións básicas son a base para a adquisición de competencias matemáticas máis complexas, como a resolución de problemas. Deixamos tamén estes cadernos de multiplicacións e divisións, co obxectivo de que repasedes  de forma sinxela o cálculo das mesmas.Fai clic enriba das imaxes para descargar os documentos ⬇️⬇️


⬛️ Nesta páxina atoparedes unha morea de experimentos divertidos⬇️


🟪 Tamén podedes visitar o noso SYMBALOO na parte inferior da nosa páxina web onde se atopan enlaces de interese con xogos para o verán ⬇️⬇️⬇️⬇️

 🟨Xogos de Educación Infantil
 🟩Xogos de Educación Primaria
 🟧Xogos de Educación Infantil e Primaria





lunes, 15 de junio de 2020

🟩 1º e 2º curso🟪

Esta semana iremos deixando unha serie de cadernos para traballar no verán, hoxe toca primeiro e segundo curso de Educación Primaria.
          🟩 1º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA: Nestes dous cadernos que vos deixamos  atoparedes moitas actividades para traballar contidos fundamentais das áreas de Matemáticas e da Linguaxe.Fai clic enriba das imaxes para descargar os documentos ⬇️





           🟪  CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA: Nestes dous cadernos que vos deixamos  atoparedes moitas actividades para traballar contidos fundamentais das áreas de Matemáticas e da Linguaxe.Fai clic enriba das imaxes para descargar os documentos ⬇️



🟥 A lectura é un instrumento fundamental para a aprendizaxe, é unha fonte de entretemento e de desenvolvemento intelectual e axuda a mellorar a capacidade expresiva, a linguaxe e a imaxinación. É moi importante repasar a lectura en casa a través de contos, por iso deixamosvos aquí este material xenial para exercitar a lectura de forma entretida nos meses verán. Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento⬇️



🟧É importar practicar o cálculo estes días de verán. Lembramos que as operacións básicas son a base para a adquisición de competencias matemáticas máis complexas, como a resolución de problemas. Deixamos tamén este caderno pequeno de sumas e restas, co obxectivo de que todos os días (de luns a venres) repasedes  de forma sinxela o cálculo de sumas e restas. Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento⬇️

⬛️ Nesta páxina atoparedes unha morea de experimentos divertidos⬇️


🟪 Tamén podedes visitar o noso SYMBALOO  na parte inferior da páxina web do cole, onde se atopan enlaces de interese con xogos para o verán ⬇️⬇️⬇️⬇️

 🟨Xogos de Educación Infantil
 🟩Xogos de Educación Primaria
 🟧Xogos de Educación Infantil e Primaria




viernes, 12 de junio de 2020

🟧Barquiños🟥

razoamento é a facultade que permite resolver problemas, extraer conclusións e aprender de maneira consciente dos feitos, establecendo conexións  causais  e lóxicas necesarias entre eles. 
Hoxe imos a  traballar o razoamento lóxico con este xogo de BARCOS, no que  hai que sinalar a fila e a columna na que se atopan as diferentes imaxes situadas na táboa. Fai clic na imaxe para descargar o documento⬇️
E para os maiores propoñemos o clásico xogo de barcos ou barquiños 🛥⛵️. Este  xogo consiste en afundir a frota do adversario. Para iso, debe colocar a súa propia frota de forma estratéxica e atopar e afundir  a frota contraria.Cada un dos xogadores dispón de dous taboleiros ( podedes imprimilo facendo clic na imaxe ➡️ ou debuxalo) que ocultará ao outro xogador: nun debe colocar os seus barcos e no outro irá marcando as coordenadas  que realiza o seu adversario.
Cada xogador debe colocar nun dos taboleiros os seguintes barcos en posición horizontal ou vertical:
🟥 1 barco que ocupa 4 cadros.
🟦 2 barcos de tres cadros
🟧3 barcos de 2 cadros
🟩4 barcos dun só cadro
Os barcos téñense que colocar respectando unha franxa de cadros en branco ao redor. 
Cada xogador dispón dunha quenda que se irá alternando. Para facelo dirá as coordenadas. Por exemplo “ B3”
 O outro xogador comprobará o resultado no seu taboleiro:
⬜️Se a casa está en branco, responderá “auga”.
🟪Se na casa atópase parte dun barco responderá “tocado”. Nese caso
o xogador ten dereito a unha nova tirada na mesma quenda.
🟨Se na casa atópase un barco dun cadro ou a última parte dun barco
xa tocado, responderá “afundido” e tamén ten dereito a unha nova tirada.
Finalmente, gaña o xogador que antes consegue afundir a frota do outro🤗

PRESTO!




VIDEO EDUCATIVO QUE TRABALLA A ASERTIVIDADE: CAPACIDADE DE DEFENDER OS PROPIOS DEREITOS E OPINIÓNS SEN DANAR A DOS DEMAIS.

martes, 9 de junio de 2020

🟪Memoria visual🟩

A memoria visual é a capacidade de lembrar información que se recibiu  visualmente. Normalmente falamos de recordo inmediato (4-5 segundos), de todos os detalles dun elemento visual e de ser capaz de atopar estes detalles de entre unha selección de elementos. E a memoria  secuencial é a capacidade de lembrar a orde dos obxectos e eventos. Isto implica ser capaz de manter unha imaxe mental dunha secuencia de letras, números, palabras, obxectos, formas, etc. A memoria  secuencial da orde das letras en palabras e a orde das palabras nunha secuencia son importantes para a lectura e a ortografía. Problemas nesta área poden significar dificultades para lembrar as secuencias correctas das letras que compoñen palabras ou frases e así os nenos e nenas poderán:

🟢Equivocarse ao ler palabras.
🟣Ter dificultades para  aprender as letras ou os números.
⚫️Ter dificultades para seguir instrucións ou localización obxectos.

Hoxe deixamos tres actividades para  traballar estos aspectos dunha maneira amena!
Nesta primeira actividade haberá que buscar todos os animais e persoaxes que aparecen ao redor das láminas, fixádevos ben 🧐🤓porque  algúns están moi escondidos🤗🤗
 Fai clic enriba das imaxes para descargar os documentos ⬇️

Na  segunda actividade de hoxe, tras un tempo prudencial de visualización , haberá que retirar o modelo e posteriormente intentar reproducilo sen mirar . Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento⬇️

         Nesta terceira actividade observaredes   as imaxes durante uns minutos, despois teredes que dobrar  a páxina pola metade e escribir todo o que lembredes. Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento ⬇️


Aquí vos deixamos máis ideas  divertidas para traballar a memoria visual :
🟩Xogos de memoria, por exemplo: atopar parellas con barallas de cartas, xogos de memoria no ordenador ou  tablet.
🟪Completa a imaxe. Mostrar ao neno/a unha imaxe sinxela e logo darlle un debuxo incompleto da mesma imaxe. Deixarlles completar a imaxe usando só a súa memoria.
🟥Mirar un obxecto e falar das súas características. Quitar o obxecto da vista do neno/ae pedirlle que lembre e explique as características que lembre.
🟨Mostrar unha forma e debuxala. Darlle ao neno/a un debuxo incompleto da mesma forma para que o complete usando só a súa memoria.
🟦Atopa as diferenzas. Mostrar ao neno/a  dúas imaxes similares e pedirlle que nomee o que non se atopa nunha das imaxes.
⬛️Xogo de parellas. Con obxectos, formas, letras ou palabras.
⬜️Xogos de observación  espontanea. Pedir ao neno/a que se tape os ollos e pedirlle que lembre, por exemplo, que roupa levamos posta nese momento ? 
🟧Paseos de observación. Pode o neno/a lembrar 4 cousas despois dunha camiñada? Identificar, sinalar ou discutir obxectos, conceptos, accións ou situacións durante o paseo.
🟩Usar un papel para facer un debuxo ou figura xeométrica. Cubrilo e pedir ao neno/a  que o reproduza usando a súa memoria, aumentando gradualmente a dificultade de formas.
🟪Xogo de  Kim. Prepara unha mesa con varios obxectos familiares e pide ao neno/a  que os observe e lembre. Cubrir os obxectos cun trapo e preguntar que hai sobre a mesa. Quitar un e preguntar cal falta.
🟥Ollada rápida a un libro. Abrir un libro preferiblemente con imaxes por unha páxina determinada e pedir ao neno/a que a observe durante uns segundos. Pechar o libro e pedir ao neno atopar a páxina correcta.
🟨Xogo de ortografía. Mira, cobre, lembra, escribe, comproba.

E tamén  ideas divertidas  de actividades de memoria secuencial:

🟩Organizar unha secuencia de obxectos, por exemplo, culler coitelo garfo en orde de tamaño, de pequenas a grandes. A continuación mesturar a secuencia e pedir ao neno/a  organizalos de novo.
🟪Que ocorre despois? Facer con historietas, cómics ou «tarxetas de secuencia ‘de situacións cotiás e pedir ao neno/a para ordenar na orde correcta.
🟥Lembrar a secuencia dunha serie de tres a catro formas  coloreadas.
🟨Secuencias de movemento ou de bólas. Por exemplo, salto, salto, atrapar pelota, botar, lanzar ao aire e aplaudir e logo coller.
🟦Ritmos aplaudindo. Pedir a un neno/a  que copie unha secuencia que facemos primeiro.
⬛️Xogo de ‘o aforcado’ ou xogo  scrabble  junior.
⬜️Axuda para  deletrear. Escribir palabras parcialmente e pedir ao neno/a que as complete. 🟧Facer palabras con plastilina ou papel. 

domingo, 7 de junio de 2020

🟩Suxeito e predicado🟦

 Nas oracións podemos distinguir dúas partes: o    suxeito e o predicado.

🟩Suxeito: Persoa animal ou cousa da que "se di algo".
Suxeito e predicado
🟦Predicado: É "o que se di" do suxeito. O verbo é o seu núcleo.



Hoxe repasamos os suxeitos e os predicados con tarefas de: 

🟠Completar oracións: suxeitos.
      🟢Completar oracións: predicados.
🟣Concordancia na oración.
🔴Unir suxeitos con predicados.
🟡Palabras perdidas en oracións.
🔵Identificar suxeitos e predicados

Fai clic enriba das imaxes para descargar os exercicios⬇️



viernes, 5 de junio de 2020

🟦Verdadeiro ou falso🟩

A tarefa de hoxe é moi entretida  e permítenos traballar a comprensión lectora dunha maneira amena . Consiste nunha serie de tarxetas con información moi interesante dalgúns animaliños 🐜  🕷  🦟 e soamente deberedes responder se é  verdadeiro ✅ ou falso❌






Para os nenos e nenas de Infantil tamén propoñemos este xogo de verdadeiro ✅ ou falso❌. 
Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento ⬇️