Trábaseche a lingua? Os
trabalinguas son xogos de palabras con sons difíciles de pronunciar xuntos
porque son parecidos ou iguais.
O truco está en recitar o trabalinguas
primeiro amodiño entendendo ben o que estás dicindo. Despois pouco a pouco
aumentas a velocidade da frase ata que sexas capaz para dicilo todo dunha vez
e sen erros.
Son moi útiles para divertirse e
entreterse, nenos e… non tan nenos. Serven para desenvolver a pronuncia das
palabras, aumentar o vocabulario, a velocidade na fala e a memoria
(porque se deben repetir con axilidade e tratando de non cometer ningún erro).
Aquí tedes algúns trabalinguas, espero que vos divirtades.