miércoles, 27 de mayo de 2020

FAMILIAS. CAMBIO DE ETAPA 6º EP--) E.S.O.


A NOSA FUNCIÓN, COMO PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS, NON É FACER OS DEBERES OU PREPARAR A MOCHILA OU INCLUSO SENTARME CON EL/ELA MESTRAS TRABALLA, SENON SUPERVISAR QUE EL /ELA O FAGA.

Debemos revisar, controlar pero adaptado a súa autonomía. Por iso é importante preguntarnos:

·       É capaz de sentarse sen que estea eu detrás?
·       É capaz de estar só e concentrad@?
·       Cando se pon a estudar dispón de todo o necesario para estudar?
·       Leva a escola os libros e as libretas?
·       Anota na axenda o que ten que estudar ou os deberes?
·       É capaz regular o seu ocio( ordenador, internet, tablet….)?

As respostas á estas preguntas axudarannos a ver onde temos que axudar aos nos@s fill@s.

DADO QUE A NOSA FUNCIÓN É A SUPERVISIÓN, E DEPENDENDO DE QUE TAN AUTÓNOMOS SEXAN OS NOSOS FILLOS/AS, DEBEMOS CONTROLAR OS SEGUINTES ASPECTOS:

  • ·      Axenda dicirlle cando chegue á casa que nos ensine a axenda, onde ten que estar anotados os exercicios e tarefas a realizar. Se non tivera exercicios que facer, preguntarlle polo que fixo na clase e que repase o dado, estude para próximos exames, ou lea.
  • ·      Pola noite despois de cear, ou unha vez que acabe o momento do estudo dicirlle que antes de terminar de estudar e poder pasar a unha tarefa de ocio (ver a TV; consola….) ten que facer e preparar a mochila. Para o que terá que mirar que lle toca o día seguinte e preparar todo o que necesita.A mochila e a súa preparación é cousa de el ou ela. A nosa función é recordarlle que a prepare e revisar se a ten preparada, non prepararlla nós.
  • ·     Cando chegue de clase debemos de preguntarlle que tal lle foi o día e que nos explique o que ten que facer pola tarde. Non se trata de facer os deberes e estar sentados con el, nós podemos estar facendo as nosas cousas, pero si que debemos sentarnos con el para ver que ten que facer, antes de que el ou ela se poña a estudar. Eles teñen que ver que nos preocupamos por eles. Iso si, que este momento non se converta nun interrogatorio. Recordade que dentro de pouco entrarán na adolescencia e faranse moito máis reservado@s, e debemos respectar a súa intimidade.
  • ·     Coordinación coa escola. Non só cando vaian a vir as notas , senón ao longo do curso.
  • ·      Controlar os momentos de ocio e de dedicación ás novas tecnoloxías. O momento de televisión e de ordenador/tablet, consola… ten que estar estipulado e controlado. Máis de media hora cada día durante a semana coa consola e xogando no ordenador non debería consentirse.
  • ·       Mesmo lugar de estudio, co material necesario.
  • ·       Mesma hora, fixada nun horario.
  • ·       Planificación das tarefas: antes de sentarse a estudar é importante, se vemos que el /ela non sabe por onde empezar, que lle axudemos a organizar as súas horas de estudio. É importante empezar por actividades de dificultade media, logo as máis difíciles e por último as máis doadas para el/ela.
  • ·       ESTUDAR PRIMEIRO A TEORÍA E LOGO FACER A PRÁCTICA, porque a medida que levamos un rato traballando a nosa atención diminúe.
  • ·    DESCANSA: entre tarefa e tarefa é importante que se tome un descanso (10 minutos).
  • ·    NORMAS CLARAS, REALISTAS E COHERENTES. Os castigos teñen que ser proporcionais as condutas feitas e sobre todo realistas. E intentar non ceder, despois de dicir non. Recorda: cada ameaza ou promesa non cumprida estamos a perder autoridade.
  • ·     ESTAR ATENT@ AOS CAMBIOS DA PUBERTADE: Isto implica cambios físicos (preocupación polo aspecto, ritmo de crecemento, cansazo, apatía...); cambios psicolóxicos (cambios bruscos de humor, e abandonan de moitas das actividades que facían coa familia); e cambios sociais (rebeldía, importancia dos amigos ….) TODO ISTO FAI QUE NALGÚNS MOMENTOS AS RELACIÓNS SEXAN DIFÍCILES.