Departamento de Orientación do CEIP Plurilingüe Lope de Vega. Blog profesional con información, recursos e reflexións. Dirixido aos axentes educativos implicados no proceso educativo: alumnado,docentes e familias.
viernes, 29 de mayo de 2020
miércoles, 27 de mayo de 2020
FAMILIAS. CAMBIO DE ETAPA 6º EP--) E.S.O.
A NOSA FUNCIÓN, COMO PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS, NON É FACER OS DEBERES OU PREPARAR A MOCHILA OU INCLUSO SENTARME CON EL/ELA MESTRAS TRABALLA, SENON SUPERVISAR QUE EL /ELA O FAGA.
Debemos revisar,
controlar pero adaptado a súa autonomía. Por iso é importante preguntarnos:
· É capaz de sentarse sen que estea eu detrás?
· É capaz de estar só e concentrad@?
· Cando se pon a estudar dispón de todo o necesario
para estudar?
· Leva a escola os libros e as libretas?
· Anota na axenda o que ten que estudar ou os
deberes?
· É capaz regular o seu ocio( ordenador, internet,
tablet….)?
As respostas á estas preguntas axudarannos a ver
onde temos que axudar aos nos@s fill@s.
DADO QUE A NOSA FUNCIÓN É A SUPERVISIÓN,
E DEPENDENDO DE QUE TAN AUTÓNOMOS SEXAN OS NOSOS FILLOS/AS, DEBEMOS CONTROLAR
OS SEGUINTES ASPECTOS:
- · Axenda dicirlle cando chegue á casa que nos ensine a axenda, onde ten que estar anotados os exercicios e tarefas a realizar. Se non tivera exercicios que facer, preguntarlle polo que fixo na clase e que repase o dado, estude para próximos exames, ou lea.
- · Pola noite despois de cear, ou unha vez que acabe o momento do estudo dicirlle que antes de terminar de estudar e poder pasar a unha tarefa de ocio (ver a TV; consola….) ten que facer e preparar a mochila. Para o que terá que mirar que lle toca o día seguinte e preparar todo o que necesita.A mochila e a súa preparación é cousa de el ou ela. A nosa función é recordarlle que a prepare e revisar se a ten preparada, non prepararlla nós.
- · Cando chegue de clase debemos de
preguntarlle que tal lle foi
o día e que nos explique o que ten que facer pola tarde. Non se trata de facer os deberes
e estar sentados con el, nós podemos estar facendo as nosas cousas, pero si que
debemos sentarnos con el para ver que ten que facer, antes de que el ou ela se
poña a estudar. Eles teñen que ver que nos preocupamos por eles. Iso si, que
este momento non se converta nun interrogatorio. Recordade que dentro de pouco
entrarán na adolescencia e faranse moito máis reservado@s, e debemos respectar
a súa intimidade.
- · Coordinación coa escola. Non só cando vaian a vir as notas , senón ao longo do curso.
- · Controlar os momentos de ocio e de dedicación ás novas tecnoloxías. O momento de televisión e de ordenador/tablet, consola… ten que estar estipulado e controlado. Máis de media hora cada día durante a semana coa consola e xogando no ordenador non debería consentirse.
- ·
Mesmo lugar de estudio, co material necesario.
- ·
Mesma
hora, fixada nun horario.
- ·
Planificación das tarefas:
antes de sentarse a estudar é
importante, se vemos que el /ela non sabe por onde empezar, que lle axudemos a
organizar as súas horas de estudio. É importante empezar por actividades de
dificultade media, logo as máis difíciles e por último as máis doadas para
el/ela.
- · ESTUDAR PRIMEIRO A TEORÍA
E LOGO FACER A PRÁCTICA, porque a
medida que levamos un rato traballando a nosa atención diminúe.
- · DESCANSA: entre tarefa e tarefa é importante que se tome un descanso (10 minutos).
- · NORMAS CLARAS, REALISTAS E COHERENTES. Os castigos teñen que ser proporcionais as condutas feitas e sobre todo realistas. E intentar non ceder, despois de dicir non. Recorda: cada ameaza ou promesa non cumprida estamos a perder autoridade.
- · ESTAR ATENT@ AOS CAMBIOS DA PUBERTADE: Isto implica cambios físicos (preocupación polo aspecto, ritmo de crecemento, cansazo, apatía...); cambios psicolóxicos (cambios bruscos de humor, e abandonan de moitas das actividades que facían coa familia); e cambios sociais (rebeldía, importancia dos amigos ….) TODO ISTO FAI QUE NALGÚNS MOMENTOS AS RELACIÓNS SEXAN DIFÍCILES.
CON CL OU CR?
⬇️ Lince ⬇️
Hoxe propoñemos dous xogos moi divertidos inspirados no clásico Lince que permite exercitar
a atención, a memoria, a discriminación visual e o vocabulario entre outros moitos aspectos.
♥️O primeiro xogo ‘BUSCA E ATOPA’ trátase dunha lámina chea de imaxes de distintos obxectos e tarxetas recortables que nos din o que debemos buscar. Fai clic enriba dela para descargar o documento completo ⬇️⬇️⬇️
🔶En función da idade, poderase aumentar a súa dificultade complicando as búsquedas ou ben limitando o tempo das mesmas🤓. As tarxetas que presenta este xogo dannos tres tipos de ordes:
1- Buscar obxectos a partir dun debuxo
2- Identificar obxectos a partir dunha descrición escrita
3- Escribir palabras que conteñan algunhas letras determinadas, aquí poderemos complicar o enunciado pedindo que escriban frases con esas palabras 🤓
a atención, a memoria, a discriminación visual e o vocabulario entre outros moitos aspectos.
♥️O primeiro xogo ‘BUSCA E ATOPA’ trátase dunha lámina chea de imaxes de distintos obxectos e tarxetas recortables que nos din o que debemos buscar. Fai clic enriba dela para descargar o documento completo ⬇️⬇️⬇️
🔶En función da idade, poderase aumentar a súa dificultade complicando as búsquedas ou ben limitando o tempo das mesmas🤓. As tarxetas que presenta este xogo dannos tres tipos de ordes:
1- Buscar obxectos a partir dun debuxo
2- Identificar obxectos a partir dunha descrición escrita
3- Escribir palabras que conteñan algunhas letras determinadas, aquí poderemos complicar o enunciado pedindo que escriban frases con esas palabras 🤓
♥️O segundo xogo que propoñemos está máis adaptado os nenos e nenas de Infantil. 🤗Igual que no anterior, trátase dunha lámina chea de imaxes de diferentes obxectos e tarxetas recortables que haberá que identificar na lámina. Unha vez identificadas colocaremos as tarxetas enriba do obxecto identificado e así ata rematar todas as tarxetas. Fai clic enriba da imaxe para descargar o documento completo ⬇️⬇️
martes, 26 de mayo de 2020
PASAPALABRA !
XOGO INTERACTIVO INSPIRADO NO CONCURSO DE TV.
PREGUNTAS DE DIFERENTES ASIGNATURAS DA ETAPA DA EDUCACIÓN PRIMARIA.
COMPLETA O ROSCO!!
ENLACE PARA DESCARGAR NA IMAXE.
AHORA CAIGO!
INSPIRADO NO XOGO TELEVISIVO .
DESTA VOLTA SOBRE TABLAS DE MULTIPLICAR!
A XOGAR E PRACTICAR!
PREME NA IMAXE
lunes, 25 de mayo de 2020
O adxectivo
Hoxe propoñemos un contiño agarimoso para repasar os adxectivos e os seus graos.Lembrade que é moi importante ler detidamente o texto para contestar as preguntas de comprensión.
O gato Basilio e a lúa
Hai moito tempo existiu un pobo onde vivían felices moitísimos gatos. Eran de todos os tamaños e de todas as cores, e viñan de todas as partes do mundo atraídos pola tranquilidade que nel se respiraba. Era un pobo precioso de casas de madeira e rúas de pedra no que a convivencia entre os felinos era moi apracible. Pasaban os días saltando polos tellados, perseguindo ratos polas rúas e acariciando as súas pelaxes.Ata que un día chegou Basilio ao pobo. Era un gato de pelaxe branca e longos bigotes que facía exactamente o mesmo que o resto, pero pronto se aburriu de repetir a mesma rutina. Así empezou a pasar longas horas apampado mirando a lúa e vendo como o seu reflexo prateado bañaba todo o pobo.
-“Vas quedar parvo de tanto mirala” dicíanlle os outros gatos que non entendían o seu interese.
-“Non ves que non conseguirás nada! Por máis que a mires, a lúa non baixará a estar contigo.” Repetíanlle continuamente.
Pero Basilio non quería que a lúa baixase a facerlle compañía, o que lle importaba era aquel aire de maxia que tiñan as noites nas que a súa luz invadía todos os recunchos. Aquela misteriosa e distante lúa redonda facíao soñar. Soñaba con alcanzala, con abrazala e con entender como era capaz de transformarse de maneira tan incrible.
Só a súa amiga Amalia se preocupaba por el e trataba de que se esquecese daquela obsesión. Basilio que gozaba falando con ela dicíalle:
-“Non ves o fermosísima que é? Hoxe está máis brillante e grande que nunca, pero tamén máis lonxe. Poderemos algún día chegar ata onde está?”
Amalia estirábase enfadada e lanzáballe un gruñido.
– Cantos paxaros tes na cabeza!
Pero Basilio non tiña paxaros senón soños e quería cumprilos todos…
– Teriamos que viaxar, coñecer outros lugares e perseguir a outros animais máis grandes ca nòs- Repetía suspirando Basilio.
Ata que un bo día adesapareceu sen dicir nada a ninguén.
– Marchouse a buscar os seus soños. Chegaría ata a lúa?– preguntábase con curiosidade Amalia…
Nunca máis se soubo de Basilio, pero algunhas noites de lúa chea hai quen mira cara ao ceo e pode distinguir entre as manchas escuras da lúa uns bigotes alongados.
Non todos poden velo. Só os soñadores son capaces.
Es capaz ti?
Estades preparados para responder ás seguintes preguntiñas? 😸
1. Quen é o protagonista da historia? 2. Como se chamaba? 3. Onde vivía? 4. Que lle gustaba facer? 5. Con que soñaba? 6. Como se chamaba a súa mellor amiga? 7. Que lle dicía a súa amiga? 8. Que pensaba a súa amiga que lle pasou a Basilio ? 9. Quen pode velo? 10. Busca todos os adxectivos que aparecen na lectura e di en que grao se atopan. |
🔶GRAOS DO ADXECTIVO
viernes, 22 de mayo de 2020
CON PL OU CON PR?
Como se escribe, PRANTA ou PLANTA? Pronuncia e averigua se as palabras das imaxes se escriben con PL ou PR.
Quebracabezas de dinosaurios
Hoxe propoñemos unha actividade
matemática que consiste en
recortar polas liñas estos
divertidos dinosaurios 🦕🦖
e pegalas nunha superificie
ríxida como pode ser cartón ou
cartolina, así crearedes os vosos
propios quebracabezas .
🔸Fai clic aquí para descargar 10 dinosaurios diferentes.
Collede as tesoiras e o pegamento
e só tedes que poñer as pezas na
súa orde correspondente para crear
o quebracabezas. ✂️ ✍🏼🦖
matemática que consiste en
recortar polas liñas estos
divertidos dinosaurios 🦕🦖
e pegalas nunha superificie
ríxida como pode ser cartón ou
cartolina, así crearedes os vosos
propios quebracabezas .
🔸Fai clic aquí para descargar 10 dinosaurios diferentes.
Collede as tesoiras e o pegamento
e só tedes que poñer as pezas na
súa orde correspondente para crear
o quebracabezas. ✂️ ✍🏼🦖
jueves, 21 de mayo de 2020
Despois da tormenta sempre chega a calma
Mais tarde ou mais cedo o tempo de aillamento pasará e volveremos á normalidade, ou a unha nova normalidade. Esperemos que todo sexa para mellor. Pero no momento en que deixemos atrás toda esta situación, seguramente tamén nós experimentaremos cambios, froito das sensacións vividas.
Teoría do Iceberg de Hemingway, aplicada ao Coronavirus.
Imaxinemos que o comportamento dos nenos/as poida verse representado co debuxo dun iceberg. Cando nos centramos no seu comportamento, quedámonos só coa parte que se pode ver; a punta que sobresale por enriba da auga. Pero debaixo da agua hai moito mais...
Todos estes sinais pódennos dar una indicación de cómo está o ánimo das personas que están ao noso carón. Son moitas as cousas que podemos facer para sentirnos e que se sintan mellor. A veces un/unha só precisa que lle ofrezan alternativas para non pensar, para estar entretido...
Para os casos mais complexos, o médico de referencia e/ou o pediatra derivarán de consideralo preciso.
miércoles, 20 de mayo de 2020
CON BL OU CON BR?
Fíxate nas imaxes, pronuncia amodo e adiviña se as seguintes palabras se escriben con BL ou BR.
TRABALINGUAS
Trábaseche a lingua? Os
trabalinguas son xogos de palabras con sons difíciles de pronunciar xuntos
porque son parecidos ou iguais.
O truco está en recitar o trabalinguas
primeiro amodiño entendendo ben o que estás dicindo. Despois pouco a pouco
aumentas a velocidade da frase ata que sexas capaz para dicilo todo dunha vez
e sen erros.
Son moi útiles para divertirse e
entreterse, nenos e… non tan nenos. Serven para desenvolver a pronuncia das
palabras, aumentar o vocabulario, a velocidade na fala e a memoria
(porque se deben repetir con axilidade e tratando de non cometer ningún erro).
Aquí tedes algúns trabalinguas, espero que vos divirtades.
Xogo con pseudopalabras
As tarefas con palabras inventadas ou pseudopalabras son un bo mecanismo para traballar con alumnos que presenten déficit de atención ou trastornos de lectura e escritura como é o caso dos alumnos con dislexia.
🔶 Neste exercicio, haberá que detectar a palabra inventada ou pseudopalabra 🧐, para iso realizaranse substitucións dunhas letras por outras ou directamente transformarase noutra palabra que cobre máis sentido.
Unha vez detectadas as pseudopalabras, elixide cinco e inventade unha frase con elas correctamente escritas.🤗martes, 19 de mayo de 2020
Xogo de agudeza visual
Cantos animais hai?
Nesta actividade de hoxe combinamos dous aspectos fundamentais que hai que exercitar desde idades temperás: o cálculo e a atención. O primeiro deles, o cálculo, é a base da competencia matemática e necesario para desenvolver coñecementos matemáticos máis complexos como as sumas ou as restas. Doutra banda, a atención; xoga un papel fundamental no proceso de aprendizaxe así como no propio rendemento académico d@s alumn@s.
🔵 Este xogo consiste en contar os animais que se indican, aínda que tamén podedes introducir algunha dificultade e engadir operacións como sumas ou restas dos diferentes tipos de animais:
🦐+🐟=. 🐋-🐠=
Fai clic enriba das imaxes para descargar o documento completo👆🏻
lunes, 18 de mayo de 2020
Sudokus
O sudoku é un xogo de lóxica matemática popularizado polos
Xaponeses que resulta excelente para a estimulación cerebral. Entre os beneficios de resolver sudokus máis importantes atopamos:
🔵Estimula a mente e os patróns de pensamento.
🟢Reforza a memoria.
🟣Exercita a capacidade de razoar.
🔴Eleva a velocidade de procesos mentais.
🟠 Axuda a concentrarse.
O xogo consiste en colocar números consecutivos en calquera orde sobre o sudoku, de forma que non se repita ningún deles nin na fila vertical nin na fila horizontal.
Para o sudoku (3x3) os números para colocar serán: 1, 2 e 3.
Os números do sudoku de dificultade media(4x4) serán: 1, 2, 3 e 4.
Fai clic na imaxe para imprimir o sudoku 👆🏻🤗
Xaponeses que resulta excelente para a estimulación cerebral. Entre os beneficios de resolver sudokus máis importantes atopamos:
🔵Estimula a mente e os patróns de pensamento.
🟢Reforza a memoria.
🟣Exercita a capacidade de razoar.
🔴Eleva a velocidade de procesos mentais.
🟠 Axuda a concentrarse.
O xogo consiste en colocar números consecutivos en calquera orde sobre o sudoku, de forma que non se repita ningún deles nin na fila vertical nin na fila horizontal.
Para o sudoku (3x3) os números para colocar serán: 1, 2 e 3.
Os números do sudoku de dificultade media(4x4) serán: 1, 2, 3 e 4.
Fai clic na imaxe para imprimir o sudoku 👆🏻🤗
viernes, 15 de mayo de 2020
Labirintos numéricos
Hoxe toca compatir unha divertida colección de labirintos numéricos para exercitar a atención 🤔🧐 na primeira serie, para alumnos de infantil, hai que seguir a serie do 1 ata o 16
para unir o debuxo de
arriba co de abaixo
empezando e acabando pola frecha vermella.
Fai clic enriba da imaxe para imprimir o contido➡️
As fichas de labirintos son unha gran opción
á hora de traballar a atención e concentración.
Ademais ao ser labirintos de números
exercítase a competencia matemática a través
das series numéricas.
Nesta segunda serie de labirintos numéricos , para alumnos de primaria, continuamos a traballar a atención e a competencia matemática contando de un en un e de dous en dous.
Fai clic enriba das imaxes para imprimir o contido ⬇️
para unir o debuxo de
arriba co de abaixo
empezando e acabando pola frecha vermella.
Fai clic enriba da imaxe para imprimir o contido➡️
As fichas de labirintos son unha gran opción
á hora de traballar a atención e concentración.
Ademais ao ser labirintos de números
exercítase a competencia matemática a través
das series numéricas.
Nesta segunda serie de labirintos numéricos , para alumnos de primaria, continuamos a traballar a atención e a competencia matemática contando de un en un e de dous en dous.
Fai clic enriba das imaxes para imprimir o contido ⬇️
jueves, 14 de mayo de 2020
ABÚRRESTE? LOGO PENSA
Nestes tempos de cuarentena maximizamos moitos as emocións, positivas e negativas, que deben sair ao exterior.
Ás veces poida que escoitemos expresións coma “non estés triste”, “non te enfades”, “non chores”,non,non,non. Sempre NON.
NON DEBEMOS bloquear as emocións que sexan negativas ou non produzan algo positivo instantaneamente en nós:" Non se pode estar aburrido, enfadada, frustrado,etc." É preciso sentir e vivir as emocións e os sentimentos negativos. Forma parte do proceso de aprendizaxe de todo ser vivo. Exterioriza e comparte as emocións.
Os nenos/as non saben aburrirse porque dende pequenos e pequenas teñen millóns de estímulos de todo tipo que están ahí coa única finalidade de “distraelos”, isto fai que asocien o aburrimento como algo negativo que teñen que evitar…grave erro.
Estámonos a centrar no aburrimento xa que é a palabra máis escoitada nestes días de reclusión no fogar. Pero saquémoslle partido ao aburrimento dos nosos fillos/as. Cómo? Segundo a psicológa Sandi Mann (autora do libro “Saber aburrirse“) o aburrimento fomenta o seguinte: Creatividade, autodescubrimento e afastamento do ocio programado.
É un momento idóneo para aprender a disfrutar e sacarlle partido ao aburrimento!
XOGAMOS A RECOÑECER AS EMOCIÓNS?
Pinchando na imaxe das cariñas atoparás un enlace á unha páxina con varios xogos gratuitos para coñecer e identificar as emocións!
miércoles, 13 de mayo de 2020
Xogo de Matemáticas
HOXE PROPOÑEMOS UN XOGO DE REFORZO DE MATEMÁTICAS PARA OS MAIORES DA CASA.
Este xogo consiste en colocar un gomet verde 🟢 ou un gomet vermello 🔴 en función de se é verdade ou mentira o que se indica. (Se non dispoñedes de gomets coloreade simplemente un círculo verde ou vermello). 🤗
Fai clic enriba da imaxe para imprimir o documento⬇️
martes, 12 de mayo de 2020
XOGAMOS CO VOCABULARIO
Nas seguintes tarxetas aparecen diferentes obxectos. Con
elas podemos practicar a expresión e comprensión oral, o léxico e a súa
categorización. Pódense descargar e imprimir para xogar.
lunes, 11 de mayo de 2020
COMPLETAMOS SÍLABAS
Holaa
Deixamos aquí o enlace a unhas tarxetas para completar coa sílaba correcta. Neste caso imos traballar a conciencia silábica que nos axudará no correcto desenvolvemento da lectura e a escritura.
Pincha aquí
Deixamos aquí o enlace a unhas tarxetas para completar coa sílaba correcta. Neste caso imos traballar a conciencia silábica que nos axudará no correcto desenvolvemento da lectura e a escritura.
Pincha aquí
Tangram
O tangram é un xogo ancestral chinés que consiste en formar formas de animais ou cousas a partir de figuras xeométricas, podía considerarse un tipo de crebacabezas moi sofisticado. Existen moitas e variadas formas de xogar co tangram e podemos usalo formando figuras inventadas ou seguindo patróns dados para formar figuras segundo o modelo.
Son moitos os beneficios deste xogo:
1. Mellora o coñecemento da xeometría plana
2. Fomenta a motricidad fina
3. Mellora a capacidade viso-espacial
4. Desenvolve o coñecemento lóxico-matemático
5. Mellora a atención
6. Estimula a creatividade
7. Fomenta a capacidade de esforzo e concentración
8. Estimula a memoria visual
Hoxe propoñemos que creedes o voso tangram e formedes as seguintes figuras de animais. Facede clic enriba da imaxe para imprimir o documento👇⬇️:
viernes, 8 de mayo de 2020
DISCRIMINACIÓN DE FONEMAS S - Z
Con que se escribe me_a, con S ou con Z?
Xoga coas tarxetas e averigua con que letra se escriben estas palabras.
Tarxetas discriminación S -Z
Autor
pictogramas: Sergio Palao Procedencia: ARASAAC
(http://arasaac.org)
Licencia: CC (BY-NC-SA) Propiedad: Gobierno de
Aragón
Xogo de dinosaurios
Hoxe deixámosvos esta Lámina para traballar o desenvolvemento cognitivo a partir dunha serie de instrucións coas que debemos atopar os pictogramas correctos.
Con este material, podemos traballar distintos contidos como a atención, a concentración, a memoria, a discriminación auditiva, o léxico, a semántica e a comprensión e expresión oral. Fai clic enriba da imaxe para acceder ò contido en PDF👇⬇️
Con este material, podemos traballar distintos contidos como a atención, a concentración, a memoria, a discriminación auditiva, o léxico, a semántica e a comprensión e expresión oral. Fai clic enriba da imaxe para acceder ò contido en PDF👇⬇️
jueves, 7 de mayo de 2020
O BOTE DAS EMOCIÓNS
Hoxe propoñémosvos unha idea estupenda para poder expresar as emocións que sentimos polas nosas persoas queridas, e que polo momento non podemos compartilas en persoa, mentres dura a corentena.
A actividade consiste en que, no momento en que comeces a botar de menos a unha persoa querida, lle dediques un tempo no que fagas un debuxo, unha poesía, un pensamento,un agasallo, un vale por un bico, por unha aperta, o que ti queiras... e a metas nunha caixa ou nun bote co seu nome.
Cando todo isto pase terás un agasallo único e estupendo para esa persoa a quen queres. Podes facer tantos botes como precises.
Animaste?
miércoles, 6 de mayo de 2020
Tutti Frutti
Hoxe propoñemos un Tutti Frutti de substantivos 🤗
O Tutti Frutti é un gran entretemento, que ademais axuda a repasar e aprender. Achegámosche esta táboa para que dunha maneira divertida poidas repasar os substantivos. Poderase adaptar o seu contido reducindo ou modificando categorías, agregarlle límite de tempo para facelo máis emocionante ou tamén poderás introducir variantes, como por exemplo , a posibilidade de consultar o diccionario entre outras moitas que se che ocorran.
O Tutti Frutti é un gran entretemento, que ademais axuda a repasar e aprender. Achegámosche esta táboa para que dunha maneira divertida poidas repasar os substantivos. Poderase adaptar o seu contido reducindo ou modificando categorías, agregarlle límite de tempo para facelo máis emocionante ou tamén poderás introducir variantes, como por exemplo , a posibilidade de consultar o diccionario entre outras moitas que se che ocorran.
Preparados....listos.....✅ comezamos !!!
1. Recorda que cada palabra=1PUNTO
2. Se xogades en familia, eleximos letra por turnos en función de intereses, do azar...( recordade que en clase metíamos todas as letras do abecedario nun saquiño e cos ollos cerrados 🙈 sacábamos unha, eso sí , se nos tocaba a W volvíamos a sacar😉)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)