🧡Felices vacacións💛
Durante este verán desfrutade,
sorride e
descansade moito.
🧡Vémonos en setembro!💛
Yolanda, María F, Paula e María G
Departamento de Orientación do CEIP Plurilingüe Lope de Vega. Blog profesional con información, recursos e reflexións. Dirixido aos axentes educativos implicados no proceso educativo: alumnado,docentes e familias.





O razoamento é a facultade que permite resolver problemas, extraer conclusións e aprender de maneira consciente dos feitos, establecendo conexións causais e lóxicas necesarias entre eles.
E para os maiores propoñemos o clásico xogo de barcos ou barquiños 🛥⛵️. Este xogo consiste en afundir a frota do adversario. Para iso, debe colocar a súa propia frota de forma estratéxica e atopar e afundir a frota contraria.Cada un dos xogadores dispón de dous taboleiros ( podedes imprimilo facendo clic na imaxe ➡️ ou debuxalo) que ocultará ao outro xogador: nun debe colocar os seus barcos e no outro irá marcando as coordenadas que realiza o seu adversario.