Nesta entrada deixámosvos unha serie de recomendacións e actividades sinxelas:
1.A importancia de estruturar o día:
Un ambiente estruturado pode facilitarlle a un nen@ con TDAH o feito de poder levar unha maior organización das súas tarefas cotiás. Ademais, que o ambiente teña un alto nivel de estruturación tamén axuda a que sexa máis predicible e por tanto permite unha maior simpleza para que o nen@ poida crear rutinas que eviten, por exemplo, os descoidos innecesarios.
Para conseguir este ambiente algúns consellos sinxelos:
- As ordes e as indicacións deberán darse dunha nunha, é dicir, non mandaremos unha tarefa ao noso fill@ ata que non terminase a anterior.
Para conseguir este ambiente algúns consellos sinxelos:
- As ordes e as indicacións deberán darse dunha nunha, é dicir, non mandaremos unha tarefa ao noso fill@ ata que non terminase a anterior.
-Descompoñer peticións amplas en tarefas máis pequenas. Se queremos que limpe a súa habitación descompoñerémolo en tarefas máis sinxelas: facer a cama, recoller os xoguetes, levar a roupa sucia ao cesto…
-As indicacións deben ser concretas. Se lle pedimos a un nen@ que se porte ben isto pode ter moitas interpretacións, mentres que se o que lle pedimos é que estea sentado si que non hai lugar a erro.
-Pedirlle ao nen@ que repita a indicación que se lle acaba de dar. Desta forma poderemos cerciorarnos de que entendeu o que se lle pide.
-Sempre que se poida as peticións deberán de facerse en positivo. No canto de dicirlle ao nen@, por exemplo, que non grite podemos pedirlle que tente falar máis baixiño.
2.Fomenta o bo do teu fillo:
Coñecer e fomentar os puntos fortes do neno pode axudar a fomentar a súa autoestima así como tamén supoñer unha ferramenta para poder enfrontarse ás dificultades.
3.Premios e castigos deben ser continxentes:
Debe transcorrer o menos tempo posible entre unha acción e a súa consecuencia, xa sexa positiva ou negativa. Desta maneira o nen@ é capaz de asociar de forma correcta antecedente e consecuente.
3.As aprendizaxes están por encima das notas:
As expectativas dos pais/nais con respecto á obtención de boas cualificacións académicas por parte dos seus fill@s pode provocar neles frustración e baixa autoestima se non o conseguen. En nen@s con TDAH este aspecto é máis relevante xa que eles presentan manifestas dificultades que afectan os seus procesos de aprendizaxe.
4.Eliminar as etiquetas: Se a un nen@ que ten un comportamento inadecuado catalogámolo de mal@, esa etiqueta a longo prazo será aceptada por tod@s, os seus compañeir@s. os adult@s e mesmo o propio nen@. Por iso é preferible centrarse na conduta que queremos corrixir e tentar reformularla en positivo.
5.Planificar situacións complicadas: Traballar e comentar co noso fill@ o que se espera del/dela en determinadas situacións concretas pode axudar a que saiba como reaccionar e comportarse ante elas e que por tanto poida mellorar a súa conduta.
Actividades para nenos con TDAH
1. As sete diferencias
Unha actividade moi común dentro dos pasatempos clásicos e que podemos atopar en multitude de cadernos e de actividades e mesmo en xornais e revistas. Consiste en atopar as diferenzas existentes entre dous debuxos practicamente idénticos. Pódese ir variando o nivel de dificultade e con el pódese traballar a atención aos detalles e a memoria de traballo.
No seguinte enlace podedes xogar a esta actividade:

2. Sopas de letras
Continuamos polas actividades clásicas e coñecidas por todos. Nesta actividade teremos que localizar determinadas palabras dentro duns paneis con letras ao azar. Teremos que discriminar esas palabras do resto de letras. Noutras variantes teremos que buscar letras concretas, descubrir unha mensaxe coas letras que non se usaron e mesmo responder a preguntas para saber que palabras buscar. Podemos complicalo tanto como queiramos.
Esta actividade resulta útil para que os nen@ con TDAH traballen aspectos tan relevantes como a atención selectiva, a capacidade de planificación e tamén a inhibición do comportamento.
3 . A técnica da tartaruga
Esta é unha técnica que, aínda que simple, axuda ao nen@ para aprender a regular a súa conduta e como consecuencia diso tamén, na medida do posible, a controlar a súa impulsividad. O xogo é sinxelo, trátase de que aprenda a transformarse nunha tartaruga. As tartarugas móvense lentamente e actúan aos poucos e cando hai algunha ameaza escóndense na súa caparazón e desta maneira poden tranquilizarse.
4.Os xogos de parellas
Volvemos a outro xogo clásico que nos pode ser moi útil para traballar memoria e atenciòn. Neste xogo, normalmente de cartas, aínda que pode xogarse con outros elementos, teremos que atopar as parellas entre un grupo de cartas que se atopan boca abaixo. Teremos que levantalas só de dous en dous e se non se acerta hai que volvelas a deixalas tapadas.
5. Os xogos de construción
Os xogos de bloques ou os mecanos, son elementos que fomentan a creatividade e que ademais requiren atención aos detalles, capacidade de planificación, regulación de conduta e psicomotricidade. Son actividades moi versátiles que poden adaptarse facilmente aos gustos, preferencias e destrezas do pequen@.
6.Xogar ao eco
Con esta actividade imos traballar a atención e a memoria de traballo. Neste xogo dise unha palabra calquera e o nen@ ten que repetir as últimas sílabas coma se fosen o eco.

7. Que obxecto é o que falta?
Neste xogo preséntanselle ao nen@ un número de obxectos e ten un tempo para fixarse neles e memorizalos. Despois pídeselle que peche os ollos e nese momento retírase un. O nen@ terá que dicirnos cal se sacou do conxunto. Este xogo pode complicarse de diversas maneiras: Engadindo máis obxectos, deixando menos tempo para memorizar ou retirando máis dun obxecto.
8. O xogo do aforcado
Outro xogo clásico, fácil e que se pode xogar en calquera momento e lugar. Consiste en adiviñar unha palabra secreta da que só coñecemos o número de letras que ten. Iremos dicindo letras e se acertamos estas sitúanse na palabra se cometemos un número determinado de fallos perderiamos. Con este xogo traballaremos a capacidade de organización, a atención sostida, a inhibición da conduta e a planificación.
9.Palabras encadeadas
Continuamos cos xogos clásicos e tamén con aqueles que teñen que ver coas palabras. Nesta actividade teremos que crear unha cadea de palabras, para conseguir isto os xogadores deberán, por quendas, dicir unha palabra que empezo pola última sílaba da palabra anterior. Con este xogo traballaremos atención e tamén un aspecto moi relevante pola súa relación directa co xogo que é o feito de esperar a quenda.
10. As imitacións
Neste xogo unha persoa realiza un acción ou un conxunto de accións e o resto teñen que tentar repetir esa acción da forma máis parecida posible ao modelo. Con este exercicio estamos a traballar atención e memoria.
11 Inventarnos un idioma
A idea con este exercicio é que nos inventemos un símbolo para cada unha das letras do alfabeto. Con esta clave poderemos escribir todas as mensaxes os que queiramos e o nen@ terá que descifralos.
12. Os quebracabezas
Non podemos esquecer este clásico dos xogos cos que poderemos adestrar a atención. Son moitas as variantes dispoñibles e tamén os niveis de dificultade. Neste sentido poderemos elixir o tipo de quebracabezas, a temática do mesmo e mesmo o número de pezas.
Aquí vos deixamos unha mostra destes xogos: