miércoles, 3 de junio de 2020

CAMBIO DE ETAPA: INFANTIL --) PRIMARIA


PAUTAS ÁS FAMILIAS


Enviade mensaxes positivas sobre a nova etapa.
  • Faládelle da nova etapa con mensaxes de ilusión e de posibilidades.
  • Podedes resaltar todo o que vai aprender, as novas asignaturas e os seus contidos, desde unha visión positiva.
Nunca lle deades unha visión negativa.

Xunto coa pauta anterior, debedes evitar mensaxes negativas do tipo "xa verás cando empeces primeiro"  ou profecías negativas: "si segues así vas a suspender e terás que repetir". Este tipo de comentarios ou ameazas non adoitan mellorar o comportamento ou as  actitudes, ao contrario, adoitan empeorar as cousas e non son a mellor forma de corrixirlles.


Anticipade de forma realista os acontecementos.
  • Conforme se vaia achegando o momento de incorporarse, é adecuado anticiparlle os acontecementos de xeito realista.
  • Por exemplo, que vai seguir con algúns dos seus compañeiros, que vai cambiar de titor, que terá máis profesores, outras asignaturas...
  • Quitádelle importancia aos rumores ou comentarios negativos sobre as novidades que vai ter.
Deixade sempre que exprese os seus medos e preocupacións.


Algúns nenos viven con preocupación e ansiedade este momento de cambio e novidade. Ademais das medidas anteriores, facilitade que se exprese e que manifeste os seus temores. Escoitádeo sen criticar, sen xulgar e sen quitar importancia. Intentade razoar e afrontar os temores de xeito realista. 
  • Fomentade a súa autoestima.
  • Confiade nel. Moitas veces os pais/nais dubidan das capacidades e da preparación dos seus fillos/as. Este sentimento é transmitido inconscientemente aos nenos/as. 
Os primeiros días de clase
  • Estade especialmente atentos os primeiros días de clase aos seus comentarios, actitudes e estados de ánimo.
  • Vivide e compartide co neno/a eses primeiros días intentando transmitir ilusión: revisando os novos libros, adquirindo o material para o novo curso...
  • Animádelle desde o principio a dedicar un tempo diario ao traballo escolar en casa. Será a mellor medida para que teña a sensación de que pode controlar e dominar a situación.
Dificultades especiais
  • Si o voso fillo/a ten especiais dificultades non debedes preocuparvos. Esta información pásase aos novos profesores e desde o comezo, téñense en conta por si necesitase algún tipo de apoio educativo.
  • En todo caso, é conveniente que canto antes fixedes unha entrevista co seu novo/a titor/a para tratar o tema: se o voso/a fillo/a ten un informe psicopedagógico, as dificultades que presenta,...
Acudide ás reunións e mantede contacto co seu titor/a 


Hai unha reunión informativa coas familias para informar do comezo de curso e da organización do grupo. É de suma importancia que acudades a esa reunión, que vos informedes e preguntedes polas dúbidas que creades convenientes. Para os nenos tamén é un signo de que aos seus pais interésanlles os seus estudos.

Procurade manter unha entrevista co seu titor/a. Nesa entrevista poderedes coñecer de primeira man a adaptación do voso fillo ou filla á nova etapa, poderedes informar dalgún aspecto que deba ter en conta e recoller as pautas que vos faciliten.


FONTE: Jesús Jarque.

martes, 2 de junio de 2020

🟩Escape Room🟪


  🟩DIVERTIDO ESCAPE  ROOM: Encerrados na terra🟪
Un Escape  Room é unha experiencia de xogo onde se vos desafía a saír dunha habitación onde quedastes encerrados.  Para iso deberedes superar unha serie de retos  que vos levarán a atopar a chave que abre a porta de saída. 


Neste Escape Room que presentamos hoxe tedes que liberarvos duns 👽 extraterrestres que viñeron a invadir a Terra 🌎.🔶 Para iso teredes que conseguir abrir a porta dun Ovni (que se atopa pechada) e metelos a todos  nel, e así,  poder mandalos  de volta ao seu planeta Marte. 🔷Para conseguir  descifrar o código que permita abrir a porta,  teredes que resolver catro  pistas realizando unha serie de operacións con restas, divisións  ou con números romanos entre outras, que se vos van plantexando. 

  

Estades preparados para xogar?Fai clic enriba do extraterrestre para descargar o xogo completo⬇️⬇️